Samuel Botsford Buckley, nado o 9 de maio de 1809 en Torrey, Nova York,Buckley, Samuel Botsford en Biographies of the Entomologists of the World. e finado o 18 de febreiro de 1884 en Austin, Texas, foi un xeólogo e naturalista estadounidense especializado en botánica e entomoloxía.

Traxectoria Buckley graduouse na Universidade Wesleyana en 1836.

Estudou a florabotánica dos estados do sur dos Estados Unidos e descubriu moitas novas especies de plantas e caracois.

Foi xeólogo do estado de Texas entre 1860 e 1861, e determinou a altura do monte Buckley (que leva o seu nome) nas Great Smoky Mountains de Carolina do Norte, xunto con outros picos.

Foi o editor científico da State Gazette en Austin, Texas entre 1871 e 1872.

Escribiu numerosos artigos científicos e libros sobre árbores e arbustos norteamericanos.

Algunhas publicacións 1860. "The cutting ant of Texas". Proceedings of the Academy of Natural Sciences of Philadelphia 12: 233–236. 1860. "Myrmica (Atta) molefaciens, "Stinging Ant" or "Mound-Making Ant" of Texas". Proceedings of the Academy of Natural Sciences of Philadelphia 1860: 445–447. 1861. "Note on ants in Texas". Proceedings of the Academy of Natural Sciences of Philadelphia 13: 9–10. 1866. "Descriptions of new species of North American Formicidae". Proceedings of the Academy of Natural Sciences of Philadelphia 6: 152–172; 335–350.

Honores Eponimos O xénero Buckleya, da familia das santaláceas, que comprende especies de arbustos semiparasitos, leva o seu nome na súa honra.

Abreviatura A abreviatura Buckley emprégase para recoñecer a Samuel Botsford Buckley como autoridade na descrición e taxonomía en botánica.Buckley – Samuel Botsford Buckley (1809-1884) no IPNI.

Notas

Véxase tamén

Categoría:Científicos dos Estados Unidos de América Categoría:Botánicos dos Estados Unidos de América Categoría:Alumnos da Universidade Wesleyana Categoría:Nados en Nova York (estado) Categoría:Nados en 1809 Categoría:Finados en 1884