Pratibha Laxman Gai, nada en 1948, é unha científica e inventora india, profesora e directora do microscopio electrónico da Universidade York. É química de materiais e especialista en microscopios electrónicos de transmisión.

Traxectoria Gai educouse na India onde fixo un máster no Instituto Indio da Ciencia. Doutorouse en Física pola Universidade de Cambridge. Entre 1981 e 1988 desenvolveu a súa actividade posdoutoral na Universidade de Oxford. Traballou como investigadora na DuPont Corporation en Estados Unidos e foi profesora de ciencia dos materiais na Universidade de Delaware.

Volveu ao Reino Unido en 2007, para formar parte do York JEOL Nanocentre, do que foi codirectora fundadora.É profesora na Universidade de York.

Durante a súa estadía en Oxford desenvolveu novas ferramentas de análise aplicadas que permitiron a aparición do primeiro microscopio electrónico ambiental, capaz de observar as reaccións químicas a nivel atómico. Este método de visualización permite observar por primeira vez os átomos da superficie dos catalizadores.

Premios e recoñecementos

2010: Medalla Gabor da Royal Society 2013: Premio L'Oréal-UNESCO a Mulleres en Ciencia, na categoría Europa 2018: Dama comandante da Orde do Imperio británico.

Notas

Categoría:Alumnos da Universidade de Cambridge Categoría:Químicos da India Categoría:Profesores da Universidade de Oxford Categoría:Físicos da India Categoría:Profesores da Universidade de Delaware Categoría:Nados na India Categoría:Nados en 1948