Kim Cobb, nada en Madison, Virxinia en 1974, é unha climatóloga estadounidense, profesora da Escola de Ciencias da Terra e da Atmosfera do Instituto de Tecnoloxía de Xeorxia ademais de bolseira na Facultade de Enerxía de Xeorxia. Está particularmente interesada na oceanografía, na xeoquímica e na modelización do paleoclima.
Traxectoria Cobb creceu en Pittsfield, Massachusetts.Interesouse na oceanografía despois de asistir a unha escola de verán na Institución Oceanográfica de Woods Hole. Estudou bioloxía e xeoloxía na Universidade Yale, onde foi cada vez máis consciente das causas antropoxénicas do cambio climático. Deixou a súa primeira opción,que era estudar Medicina, e solicitou un programa de verán na Scripps Institution of Oceanography, onde se graduou en 1996. Cobb completou o seu doutoramento en oceanografía en 2002, investigando eventos de El Niño nun núcleo de sedimento de Santa Bárbara.
Estivo dous anos no Instituto de Tecnoloxía de California realizando o seu posdoutoramento antes de unirse ao Instituto de Tecnoloxía de Xeorxia como profesora axudante no ano 2004. Publicou máis de 100 publicacións revisadas por pares en revistas influentes. Cobb é membro do consello editorial de Geophysical Review Letters.. Converteuse en profesora titular en 2015 e supervisa a estudantado de doutoramento e mestrado.
O grupo de investigación de Cobb busca entender o cambio climático global e identificar as causas naturais e antropoxénicas. A investigación de Cobb levouna en varias viaxes oceanográficas ao redor do Pacífico tropical e expedicións de espeleoloxía a través dos bosques chuviosos de Borneo. Céntrase nas corais e nas estalagmitas das covas, particularmente nas dos últimos séculos. O seu grupo xera rexistros de alta resolución das mostras que colleita, monitoreando a variabilidade climática, xerando modelos e caracterizando a variabilidade no Pacífico e Borneo. Ela mais o seu equipo recolleron antigos fragmentos de coral das illas de Kiribati e Palmira, envellecéronos con uranio-torio e logo usaron o ciclo de relación isotópica de osíxeno para medir a intensidade dos eventos de El Niño nos últimos 7 000 anos.
No Instituto de Tecnoloxía de Xeorxia Cobb é profesora avanzada de "Diversidade institucional", como parte dos esforzos da Fundación Nacional de Ciencias para aumentar a representación e o avance das mulleres na ciencia e a enxeñaría.
Política e compromiso público Cobb é membro do Panel de Ciencia Climática da Asociación Estadounidense para o Avance da Ciencia (AAAS), do Panel Internacional CLIVAR do PacíficoCLIVAR (Climate and Ocean: Variability, Predictability and Change) é un dos proxectos bandeira do Programa Mundial de Investigación do Clima (World Climate Research Programme (WCRP)). e do Panel Internacional de Intersección PAGES-CLIVAR. É membro do consello asesor do Instituto Leshner para a Participación Pública da AAAS.
Cobb é unha defensora da divulgación coas comunidades, e dá conferencias de forma regular en escolas, universidades e outros espazos públicos sobre a ciencia do clima. Estivo involucrada en política e escribiu de varios artigos de divulgación sobre o cambio climático, tratando de inspirar a outros científicos do clima para que participasen no debate internacional. Apareceu no documental de Showtime Planeta en perigo, que gañou varios premios Emmy. En Real Scientists, Cobb defende o estudo do paleoclima: "O rexistro instrumental do clima é demasiado curto para identificar algúns dos cambios máis importantes no clima baixo o efecto invernadoiro. Os datos do paleoclima están chegando ao rescate, observando secas pasadas, eventos extremos e cambios no nivel do mar". Cobb fixo unha presentación na Marcha pola Ciencia en Atlanta, Xeorxia, en abril do 2017.
Premios e recoñecementos
Dende o principio da súa carreira Cobb recibiu varios premios. En 2007, gañou o premio NSF CAREER que outorga a Fundación Nacional para de Ciencias dos Estados Unidos e o premio Georgia Tech's Education Partnership. Un ano despois foi recoñecida como unha das mellores mozas científicas da nación, gañando o Premio Presidential Early Career para científcos e enxeñeiros (PECASE).
En 2009 recibiu unha bolsa Kavli Frontiers of Science, que outorga o Institute for Particle Astrophysics and Cosmology.
No 2010 gañou o premio EAS Undergraduate Research Mentor e a bolsa Poptech Science and Public Leadership .
Ademais Cobb foi convidada ao Evento de Políticas de Flexibilidade no Foro da Casa Branca en 2011. Notas
Referencias
Categoría:Alumnos da Universidade Yale Categoría:Climatólogos dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en Virxinia Categoría:Profesores do Instituto de Tecnoloxía de Xeorxia