Os ladinos son un grupo étnicoJan Markusse: The South Tyrolese Inter-Ethnic Package Deal. An Example for Other Multi-Ethnic Regions?, in: Yearbook of European Studies 6. Borders and Territories. Rodopi, Amsterdam/Atlanta 1993, , p. 193-220. E. g. For the small ethnic group of Ladins the package offers advantages and disadvantages.Christoph Perathoner: Die Dolomitenladiner 1848-1918: ethnisches Bewusstsein und politische Partizipation. Folio, Bozen/Wien 1998, orixinario do norte de Italia. Están distribuídos en varios vales, coñecidos colectivamente como Ladinia. Entre eles están os vales de Badia e Gherdëina en Tirol do Sur, de Fassa en Trento, e Livinallongo (tamén coñecido como Buchenstein ou Fodom) e Ampezzo na Provincia de Belluno. A súa lingua nativa é o ladino, unha lingua do grupo retorrrománico relacionada co romanche suízo e o friuliano."Die drei rätoromanischen Teilgruppen (Bündnerromanisch, Dolomitenladinisch, Friaulisch) ... treten als eine vom Oberitalienischen gänzlich differenzierte Sprachfamilie auf" (the 3 reto-romance language-groups Rumanc, Dolomite Ladin and Friulan are a separate language-family from northern-Italian), 2003 por Prof. Dr. Roland Bauer, Universidade de Salzburg Forman parte do Tirol, co cal comparten cultura, historia, tradicións, ambiente e arquitectura.

Os ladinos desenvolveron a súa identidade étnica nacional no século XIX.Christoph Perathoner: Die Dolomitenladiner 1848-1918: ethnisches Bewusstsein und politische Partizipation. Folio, Bozen/Wien 1998, Micurà de Rü realizou o primeiro intento de desenvolver unha forma escrita da lingua ladina. Hoxe en día, a cultura ladina está promovida polo instituto cultural Istitut Ladin Micurà de Rü, en San Martin de Tor. Tamén hai un museo ladino no mesmo concello. Os ladinos de Trentino e Belluno teñen os seus propios institutos culturais, Majon de Fascegn en Vigo di Fassa, Cesa de Jan en Colle Santa Lucia, e Istituto Ladin de la Dolomites en Borca di Cadore.

O pobo ladino constitúe só o 4,53% da poboación do Tirol do Sur. Moitas das Sagas do Tirol do Sur proceden do territorio ladino, incluíndo a épopea nacional do pobo ladino, a saga do Reino de Fanes. Outra figura da mitoloxía ladina é o demo Anguana.

miniatura|Bandeira dos ladinos.

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén Outros artigos Grupos étnicos de Europa Bibliografía Tobia Moroder (Ed.): The Ladins of the Dolomites. People, landscape, culture. Viena/Bozen: Folio 2016,

Categoría:Grupos étnicos de Italia Categoría:Grupos étnicos de Europa