miniatura|250px|A ponte de Burnside, que recorda ao xeneral da Unión Ambrose Burnside, que combateu na batalla de Antietam durante a Guerra civil estadounidense O condado de Washington é un condado dos Estados Unidos que está situado na parte occidental do estado de Maryland.

A súa capital é a cidade de Hagerstown."Find a County". National Association of Counties. Consultado o 23 de febreiro de 2022.

Foi o primeiro condado dos Estados Unidos en recibir o nome do xeneral da Guerra da independecia, e máis tarde presidente, George Washington.

Xeografía O condado ocupa unha superficie de 1 210 km².

Segundo o censo de 2010 no condado vivían 147 430 persoas, en 55 687 fogares con 37 506 familias."DP-1 Profile of General Population and Housing Characteristics: 2010 Demographic Profile Data" . United States Census Bureau. Consultado o 23 de febreiro de 2022.

A densidade de poboación nese ano era de 124,4 hab./km<small>2</small>.

Había 60 814 unidades de vivenda, cunha densidade media de 51,3 viv./km<small>2</small>."Population, Housing Units, Area, and Density: 2010 - County" United States Census Bureau. Consultado o 23 de febreiro de 2022.

A composición racial do condado era de 85,1 % de brancos, 9,6 % de negros ou afroamericanos, 1,4 % de asiáticos, 0,2 % de indios americanos, 1,1 % doutras razas e 2,6 % de dúas ou máis razas. Os de orixe hispana ou latina constituían o 3,5 % da poboación."DP-1 Profile of General Population and Housing Characteristics: 2010 Demographic Profile Data United States Census Bureau. Consultado o 23 de febreiro de 2022.

En termos de ascendencia, o 31,7 % eran alemáns, o 14,1 % eran irlandeses, o 9,8 % eran ingleses, o 8,5 % eran estadounidenses e o 5,1 % eran italianos."DP02 SELECTED SOCIAL CHARACTERISTICS IN THE UNITED STATES – 2006-2010 American Community Survey 5-Year Estimates" United States Census Bureau. Consultado o 23 de febreiro de 2022.

Notas

Véxase tamén

Washington