José Benito González Álvarez, nado na provincia de Ourense o 17 de setembro de 1898, foi un mestre e pedagogo galego.
Traxectoria Aprobou as oposicións ao Maxisterio en 1920 e foi destinado como mestre a Albeos (Crecente).El Compostelano, 25-9-1920, p. 1. En 1925 trasladouse á Caniza.El Compostelano, 8-8-1925, p. 2. Creou unha biblioteca popular circulante,El Pueblo Gallego, 24-10-1928, p. 13. foi concelleiro da Caniza e segundo tenente alcalde,El Pueblo Gallego, 16-5-1929, p. 13. renunciando en decembro de 1929.El Eco del Condado, 20-12-1929, p. 2. Fundou a Casa do Pobo da Caniza como Sociedad Obrera y Campesina del Partido de La Cañiza en abril de 1931,El Pueblo Gallego, 24-4-1931, p. 9. interveu en mitins políticos con Enrique Heraclio Botana, Joaquín Poza Juncal e Laureano Gómez Paratcha, e colaborou en Nueva Cañiza. Foi secretario do tribunal dos cursos de selección profesional para o ingreso no Maxisterio en 1933.El Pueblo Gallego, 6-9-1933, p. 6. Foi presidente do Frente Único del Magisterio de Pontevedra en 1934.El Pueblo Gallego, 21-4-1934, p. 8. Colaborou nas Misións Pedagóxicas de 1934.El Noticiero Gallego, 11-7-1934, p. 3. Na folga xeral revolucionaria de 1934 foi detido e estivo preso 15 días. Cos nenos da súa escola da Caniza creou o periódico Faro Infantil en novembro de 1934.Boletín de Educación, 2, 3-1935, p. 11. Foi elixido presidente da Asociación Provincial de mestres da provincia de Pontevedra en febreiro de 1935.El Pueblo Gallego, 28-2-1935, p. 4. En xullo de 1935 foi nomeado director da Escola Graduada de Ciudad Real.El Pueblo Gallego, 26-6-1935, p. 12. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi nomeado director provincial de Primeira Ensinanza. Pasou despois á provincia de Cuenca. Coa derrota da República foi depurado e apartado do servizo activo até 1962.
Obras Paseos, visitas y excursiones de la escuela activa, 1934. Con José Muntada Bach.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Pedagogos de Galicia Categoría:Profesores de Galicia Categoría:Concelleiros da Caniza Categoría:Concelleiros de Galicia durante a Restauración Categoría:Nados na provincia de Ourense Categoría:Nados en 1898