miniatura|Transit 3-A antes do lanzamento. Transit foi unha serie de satélites artificiais dos Estados Unidos.

Características Os satélites Transit foron satélites desenvolvidos inicialmente pola Armada dos Estados Unidos para servir de axuda á navegación. O desenvolvemento comezou en 1958 e foron pensados para dar principalmente servizo aos submarinos Polaris aínda que despois comezaron a ser usados por axencias civís. O servizo prestado polos Transit deixou de funcionar como tal en 1996, substituído polos máis modernos GPS e Navstar. Lanzáronse entre 1959 e 1988.

Transit 1A e 1B Os dous primeiros satélites Transit tiñan forma aproximadamente esférica e 119 kg de masa e estabilizábanse mediante xiro, producindo a súa enerxía mediante células solares na súa superficie. Transit 1A foi lanzado mediante un Thor Able 2 o 17 de setembro de 1959, pero non chegou a órbita por un fallo no foguete. Transit 1B foi lanzado exitosamente o 13 de abril de 1960 usando un Thor Ablestar. Foi o primeiro satélite que fixo un reacendido dos seus motores no espazo e demostrou a viabilidade de usar satélites como axuda á navegación.

Transit 2A e 2B Transit 2A foi lanzado con éxito o 22 de xuño de 1960 a bordo dun Thor Ablestar, mentres que Transit 2B non chegou a ser lanzado nunca. Transit 2A, similar aos Transit 1, levaba entre os seus instrumentos, ademais dos transmisores de radio para navegación, un radiómetro para medir o ruído cósmico, un medidor infravermello e sensores de temperatura. A enerxía era producida por células solares alimentando unha batería de níquel-cadmio. Os transmisores funcionaban a frecuencias de 54, 162, 216 e 324 MHz.

Transit 3A e 3B Transit 3A non chegou a órbita debido a un fallo no seu foguetes lanzadore, un Thor Ablestar, o 30 de novembro de 1960. Transit 3B foi lanzado xunto co satélite LOFTI 1 o 22 de febreiro de 1961, tamén mediante un Thor Ablestar, pero debido a un fallo dun compoñente electrónico os satélites non chegaron a separarse da última etapa do foguete, permanecendo o conxunto en órbita. Con todo, Transit 3B estivo transmitindo durante un tempo. miniatura|Transit 4A xunto con Injunt 1 e Solrad-3. Transit 4A e 4B Tanto Transit 4A como 4B foron lanzados con éxito mediante foguetes Thor Ablestar, o primeiro o 29 de xuño de 1961 e o segundo o 15 de novembro dese mesmo ano. A diferenza dos anteriores Transit, estes tiñan forma de cilindro de 109 cm de diámetro e 79 cm de alto, cunhas masas de 79 (Transit 4A) e 86 kg (Transit 4B). A enerxía eléctrica que os alimentaba proviña das células solares que recubrían as súas superficies. Os dous satélites levaban a bordo tamén fontes de enerxía nucleares SNAP 3 experimentais.

Transit-5A 1, 2 e 3 Os tres satélites Transit de tipo 5A foron prototipos lanzados mediante foguetes Scout X-3 entre 1962 e 1963, co segundo satélite non chegando a órbita por fallo do foguete. Eran satélites máis pequenos que os anteriores, de forma cilíndrica e con catro paneis solares, ademais dun mastro despregable para estabilizar os satélites mediante gradente gravitatorio.

Transit-5BN 1, 2 e 3 Os tres satélites Transit de tipo 5BN eran similares aos 5A pero estaban alimentados exclusivamente mediante fontes nucleares RTG de tipo SNAP-9A. O 1 e o 2 foron lanzados con éxito en 1963 mediante foguetes Thor Ablestar, mentres que o terceiro non chegou a órbita por un problema co foguete lanzador, despois do cal decidiuse que o resto de satélites Transit usarían paneis solares.

Transit-5C 1 e 2 Transit-5C 1 foi lanzado o 4 de xuño de 1964 a bordo dun Scout X-4, mentres que a segunda unidade nunca foi lanzada. Era similar aos Transit 5A pero cun redeseño para maior eficiencia.

Transit-5E 1

Transit-5E 1 foi lanzado o 28 de setembro de 1963 mediante un Thor Ablestar, tiña unhas maas de 59 kg e catro paneis solares. Foi un satélite adicado máis á investigación, para estudar a contorna doutros satélites Transit.

Transit-5E 2 Transit-5E 2 foi lanzado o 21 de abril de 1964 mediante un foguete Thor Ablestar, pero non chegou a órbita por un fallo no foguete. A súa misión era similar á de Transit-5E 1. miniatura|Un satélite Transit-O. Transit-5E 3 Transit-5E 3 foi lanzado con éxito o 5 de decembro de 1963 mediante un foguete Thor Ablestar cunha misión similar a Transit-5E 1 e 2. Funcionou ata o 19 de xullo de 1964.

Transit-5E 4 Transit-5E 4 debería ter tido unha misión similar ao resto de Transit-5E, pero finalmente foi cancelado.

Transit-5E 5 Transit-5E 5 foi posto en órbita mediante un foguete Thor Ablestar o 13 de decembro de 1964. Como o resto de satélites da serie, era un satélite de investigación adicado a estudar a contorna do resto de satélites Transit.

Transit-O Transit-O foi a denominación dos satélites Transit operativos. Lanzáronse 24 entre 1964 e 1988 dos 32 planificados inicialmente, cos oito restantes ou non sendo lanzados ou modificados para outras funcións.

Transat (Transit-O 11) Transat foi a denominación do satélite Transit-O número 11, modificado para servir tanto como satélite de navegación como para usar o sistema experimental SATRACK para mellorar a precisión dos mísiles Trident C4. Durante o uso deste sistema, o satélite recibía e retransmitía sinais GPS para simular un mísil orbital e poder avaliar equipamento de terra relacionado con SATRACK.

Historial de lanzamentos

MisiónData de lanzamentoFoguete lanzadorNotasTransit 1A17 de setembro de 1959Thor AbleFalloTransit 1B13 de abril de 1960Thor AblestarÉxitoTransit 2A22 de xuño de 1960Thor AblestarÉxitoTransit 3A30 de novembro de 1960Thor AblestarFalloTransit 3B22 de febreiro de 1961Thor AblestarFallo parcialTransit 4A29 de xuño de 1961Thor AblestarÉxitoTransit 4B15 de novembro de 1961Thor AblestarÉxitoTransit-5A 119 de decembro de 1962Scout X-3ÉxitoTransit-5A 25 de abril de 1963Scout X-3FalloTransit-5A 316 de xuño de 1963Scout X-3ÉxitoTransit-5BN 128 de setembro de 1963Thor AblestarÉxitoTransit-5E 128 de setembro de 1963Thor AblestarÉxitoTransit-5BN 25 de decembro de 1963Thor AblestarÉxitoTransit-5E 35 de decembro de 1963Thor AblestarÉxitoTransit-5BN 321 de abril de 1964Thor AblestarFalloTransit-5C 14 de xuño de 1964Scout X-4ÉxitoTransit-5E 221 de abril de 1964Thor AblestarFalloTransit-5E 513 de decembro de 1964Thor AblestarÉxitoTransit-O 16 de outubro de 1964Thor AblestarÉxitoTransit-O 213 de decembro de 1964Thor AblestarÉxitoTransit-O 311 de marzo de 1965Thor AblestarFalloTransit-O 424 de xuño de 1965Thor AblestarÉxitoTransit-O 513 de agosto de 1965Thor AblestarÉxitoTransit-O 622 de decembro de 1965 Scout AÉxitoTransit-O 728 de xaneiro de 1966 Scout AÉxitoTransit-O 826 de marzo de 1966 Scout AÉxitoTransit-O 919 de maio de 1966 Scout AÉxitoTransit-O 1018 de agosto de 1966 Scout AÉxitoTransit-O 1214 de abril de 1967 Scout AÉxitoTransit-O 1318 de maio de 1967 Scout AÉxitoTransit-O 1425 de setembro de 1967 Scout AÉxitoTransit-O 182 de marzo de 1968 Scout AÉxitoTransit-O 1927 de agosto de 1970 Scout AÉxitoTransit-O 2030 de outubro de 1973 Scout A1ÉxitoTransit-O 11 (Transat)28 de outubro de 1977Scout D1ÉxitoTransit-O 243 de agosto de 1985 Scout G1ÉxitoTransit-O 303 de agosto de 1985 Scout G1ÉxitoTransit-O 2716 de setembro de 1987 Scout G1ÉxitoTransit-O 2916 de setembro de 1987 Scout G1ÉxitoTransit-O 2326 de abril de 1988 Scout G1ÉxitoTransit-O 3226 de abril de 1988 Scout G1ÉxitoTransit-O 2525 de agosto de 1988 Scout G1ÉxitoTransit-O 3125 de agosto de 1988 Scout G1Éxito

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Thor Able Thor Ablestar Scout X-3 Scout X-4 Scout A Scout A1 Scout G1 Scout D1 Transit Improvement Program

Categoría:Satélites artificiais