Ljubiša Broćić (en ), nado en Belgrado o 3 de outubro de 1911 e finado na mesma cidade o 16 de agosto de 1995, foi un adestrador de fútbol iugoslavo.

Traxectoria Adestrou a varios dos principais equipos europeos, como o PSV Eindhoven, a Juventus, o FC Barcelona ou o Estrela Vermella de Belgrado, gañando dúas veces a liga iugoslava e unha vez a Serie A italiana. Tamén dirixiu o Al-Nasr en Arabia Saudita, o OFK Beograd, o Racing Beirut, así como as seleccións de Albania, Líbano, Kuwait e Bahrain. Con Albania gañou a Copa dos Balcáns en 1946.

Tamén traballou en Australia, adestrando o Footscray JUST e o South Melbourne Hellas durante a década de 1960, e pasou dúas veces polo banco da selección de Nova Zelandia.

Palmarés Albania Copa dos Balcáns (1): 1946.

Estrela Vermella Primeira Liga de Iugoslavia (2): 1951, 1953.

Juventus Serie A (1): 1957/58.

Al Nassr Copa do Rei Saudita (1): 1976. Copa Federación de Arabia Saudita (1): 1976.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Datos do adestrador en WorldFootball.net . Datos do adestrador en BDFutbol .

Categoría:Nados en 1911 Categoría:Nados en Belgrado Categoría:Finados en 1995 Categoría:Futbolistas de Iugoslavia Categoría:Futbolistas de Serbia Categoría:Xogadores do SK Jugoslavija Categoría:Adestradores de fútbol de Serbia Categoría:Adestradores de fútbol de Iugoslavia Categoría:Adestradores da selección de fútbol de Albania Categoría:Adestradores do OFK Beograd Categoría:Adestradores do Estrela Vermella de Belgrado Categoría:Adestradores do FK Vojvodina Categoría:Adestradores da selección de fútbol de Exipto Categoría:Adestradores do Racing Club Beirut Categoría:Adestradores da selección de fútbol do Líbano Categoría:Adestradores do PSV Eindhoven Categoría:Adestradores do Juventus FC Categoría:Adestradores do FC Barcelona Categoría:Adestradores do CD Tenerife Categoría:Adestradores da selección de fútbol de Kuwait Categoría:Adestradores da selección de fútbol de Nova Zelandia Categoría:Adestradores do South Melbourne FC Categoría:Adestradores da selección de fútbol de Bahrain Categoría:Adestradores do Al-Nassr FC Categoría:Adestradores do Al-Hilal FC