Os arbëreshë, tamén coñecidos como albaneses de Italia ou italo-albaneses, son un grupo etnolingüístico que habita no sur de Italia, principalmente concentrados en aldeas espalladas nas rexións de Puglia, Basilicata, Calabria, Campania, Molise e Sicilia. Son descendentes na súa maioría dos tosks, que fuxiron de Morea entre os séculos XIV e XVIII despois do avance dos otománs nos Balcáns.

Durante a Idade Media, os arbëreshë instaláronse no Reino de Nápoles en varias ondas de migración, tras o estabelecemento do Reino de Albania, a morte do heroe nacional albanés Gjergj Kastrioti Skënderbeu e a paulatina conquista otomá do Imperio Bizantino.

miniatura|Asentamentos de poboación arbëreshë en Italia.|centro

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Grupos étnicos de Europa Pobo albanés

Categoría:Diáspora albanesa Categoría:Grupos étnicos de Italia