Pablo Domínguez Prieto, nado en Madrid o 3 de xullo de 1966 e finado no Moncayo o 15 de febreiro de 2009, foi un sacerdote, filósofo e teólogo español, e decano da Facultade de Teoloxía San Dámaso de Madrid. Impulsou, así mesmo, a fundación da Facultade de Filosofía San Dámaso de Madrid. Ambas institucións atópanse na actualidade adscritas á Universidade San Dámaso.

Traxectoria Estudou en San Dámaso entre 1984 e 1989 e foi ordenado sacerdote en 1991. Continuou os seus estudos de filosofía na Universidade de Münster, na Universidade Pontificia Comillas e na Universidade Complutense de Madrid. Nesta última obtivo un doutoramento e traballou como capelán. Exerceu como catedrático de Filosofía sistemática en San Dámaso dende 1998.

Como filósofo e teólogo impartiu numerosos cursos e conferencias e escribiu varios artigos e libros.Catálogo de obras en Dialnet Foi membro do consello de redacción da revista Communio e da Revista española de teoloxía, así como colaborador asiduo do programa radiofónico A lanterna da Igrexa na COPE. Ademais, foi profesor convidado en varias universidades, como a de Alcalá de Henares, a Facultade de Teoloxía de El Callao (Perú) e o Seminario Redemptoris Mater de Ámsterdam.

Moi afeccionado ao montañismo, faleceu nun accidente no Moncayo xunto con Sara de Jesús Gómez, profesora da Universidade Francisco de Vitoria. En 2010 publicouse o seu «testamento espiritual», Hasta la cumbre, que recolle as conferencias que deu antes de morrer no Mosteiro de Santa María de la Caridad, en Tulebras (Navarra).

O documental La última cima, dirixido por Juan Manuel Cotelo e estreado o 3 de xuño de 2010, relata a súa vida. Foi un éxito en España e nalgunhas cidades de Latinoamérica.

A aula principal de conferencias da Universidade San Dámaso de Madrid, na planta baixa da súa sede central na rúa Jerte, leva o seu nome.

Obra (selección) Indeterminación y Verdad (1995) ISBN 84-87169-75-9) Concepción de la polivalencia Lógica en la Escuela de Varsovia (2001) ISBN 84-8466-212-8 Teoría del contorno lógico (1999) ISBN 84-95258-02-1 Lógica Modal y Ontología (2001) ISBN 84-95258-06-4 Hasta la cumbre (2010) ISBN 978-84-285-3534-2

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Obituario en ABC Fallece el sacerdote madrileño Pablo Domínguez Un prelado de las montañas El encuentro amoroso. Elegía a Pablo Domínguez Prieto

Categoría:Nados en Madrid Categoría:Nados en 1966 Categoría:Teólogos de España Categoría:Alumnos da Universidade Pontificia Comillas Categoría:Finados en 2009 Categoría:Alumnos da Universidade Complutense de Madrid Categoría:Alumnos da Universidade de Münster