José Luis López Sánchez-Toda, nado en Madrid o 30 de abril de 1901 foi un gravador español."López Sánchez-Toda, José Luis". En Filaposta.
Traxectoria Sánchez-Toda naceu nunha familia de clase media en Madrid en 1901, ingresou na Escola Superior de Belas Artes de Madrid e tras rematar entrou a traballar na FNMT en 1924 onde permaneceu ata a súa xubilación e onde deseñou e gravou máis de 100 selos e a maioría dos billetes emitidos desde 1937. Estivo á fronte da sección de Gravado da FNMT e foi profesor na Escola Nacional de Artes Gráficas.Navarro Oltra. G. Autorretratos del Estado. El sello postal del franquismo. Universidad de Castilla la Mancha. 2013. páx. 136-137. ISBN 9788490440452 En 1969 publicou a obra El arte de grabar el sello.
miniatura|220px|Moeda deseñada por Sánchez-Toda Foi tamén o autor da primeira moeda cuñada na zona sublevada da guerra civil, unha moeda de 25 céntimos de peseta de Francisco Franco, que levaba o lema «ESPAÑA, UANA, GRANDE, LIBRE. 1937. II AÑO TRIUNFAL». Está cuñada en cuproníquel e nela poden apreciarse as iniciais ST do gravador."La nueva moneda de níquel". ABC. Sevilla. 17 de abril de 1938.
O 5 de xuño de 1998, Correos realizou unha emisión dedicada aos gravadores españois que incluía unha tiraxe de 2,5 millóns de selos cun valor facial de 70 pesetas e coa efixie de López Sánchez-Toda e un dos seus gravados."Emisión: Grabadores españoles". Correos.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Sánchez-Toda, J. El arte de grabar el sello. EMEUVE. 1969.
Categoría:Nados en Madrid Categoría:Nados en 1901 Categoría:Personalidades da filatelia Categoría:Deseñadores de moeda de España Categoría:Personalidades de España Categoría:Gravadores de España Categoría:Finados en 1975