Os albaneses de Kosovo (en ), tamén coñecidos como albanokosovares, constitúen o grupo étnico máis grande en Kosovo. Segundo o censo de 1991 de Iugoslavia, o cal foi boicoteado polos albaneses, había 1 596 072 albaneses en Kosovo ou o 81,6% da poboación. Nas estimacións do ano 2000, había entre 1 584 000 e 1 733 600 albaneses en Kosovo ou o 88% da poboación; no ano 2011, a poboación albanesa era do 92,93%. Os albaneses de Kosovo son ghegs. Falan o albanés nas súas variedades gheg, máis especificamente as do noroeste e do nordeste.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Pobo albanés Grupos étnicos de Europa
Categoría:Grupos étnicos de Kosovo Categoría:Personalidades de Albania