A dinastía carolinxia (chamada así por Carlos Martel) é á liñaxe de reis francos que gobernaron Europa Occidental entre os séculos VIII e X.
Historia Arnulfo de Metz da familia dos arnulfinos e Pipino o Vello da dos pipínidas uníronse e formaron unha verdadeira dinastía a través dos matrimonios dos seus fillos. Os carolinxios xa ostentaban o poder desde 639 aínda que non como reis (que durante máis dun século seguirían sendo os merovinxios), senón como mordomo de palacio.
O mordomo de palacio Pipino o Breve (descendente de Carlos Martel e de Pipino o Vello), que tras destronar ao merovinxio Khilderico III, rei dos francos e con apoio do Papa fixo oficial o seu poder de facto. Pipino foi sucedido no trono franco por Carlos (Carlomagno) e Carlomán. O primeiro, anos máis tarde, expandiría o seu poder por toda Europa Occidental e sería coroado no Nadal do ano 800 en Roma emperador de Occidente.
O Imperio Carolinxio, como é chamado polos historiadores o vasto territorio que uniu Carlomagno baixo o seu reinado, disgregouse poucas décadas despois, trala morte do fillo de Carlomagno, Lois I o Piadoso ou Ludovico Pío, cando os tres fillos deste (Carlos, Lotario e Lois) se repartiron o imperio mediante o Tratado de Verdún (843). O poder da dinastía entón foi diminuíndo. Na póla xermánica, a do Sacro Imperio Romano Xermánico, os carolinxios mantiveron o poder ata o século X. En Francia, os herdeiros do fillo de Lois I o Piadoso, Carlos II o Calvo, gobernaron ata 987, cando foron substituídos pola dinastía dos Capetos.
Durante anos, a dinastía carolinxia desenvolveu unha arte propia de grande influencia en Europa, pois o Imperio Carolinxio foi centro da política europea durante décadas (véxase arte carolinxia). A cultura carolinxia tamén gozou de gran prestixio, e os historiadores falan dun verdadeiro "renacemento carolinxio", baseado na difusión cultural e no ensino nas escolas da época. O estilo arquitectónico da época, que era unha forma da arte prerrománica, tamén se denomina "estilo carolinxio".
Os sucesores de Carlomagno non souberon combinar os elementos políticos, e o costume xermánico de dividiren o territorio entre todos os fillos do soberano, acabaron por desmembrar a obra de Carlomagno. Cando a liña oriental acaba coa morte en 911 de Lois o neno toman o trono os otóns. En Franconia Occidental manteñen o poder os carolinxios ata o 987, cando son desprazados pola dinastía dos Capetos.
Gobernantes miniatura|Unha árbore xenealóxica Carolinxia, do Chronicon Universale do Ekkehard de Aura, século XI. Mordomos de Palacio carolinxios
Pipino o Vello (624-640). Grimoaldo o Vello (643-662). Pipino de Herstal (687-714). Carlos Martel (714-741). Carlomán (741-747). Pipino o Breve (741-751).
Reis carolinxios
Pipino o Breve (751-768). Carlomán I (768-771). Carlomagno (768-800). Carlos o Mozo (800-811).
Emperadores carolinxios
Carlomagno (800-814). Ludovico Pío (813/814-840). Lotario I (840-855). Lois II de Italia (855-875). Carlos o Calvo (875-877). Carlos III o Gordo (881-888). Arnulfo de Carintia (896). Lois III o Cego (901-905).
Reis de Francia Orientalis
Lois o Xermánico (843-876). Lois III o Mozo (876-880/882). Carlos III o Gordo (876-887). Arnulfo de Carintia (887-899). Lois o Neno (899-911).
Reis de Italia
Carlomagno (774-814). Pipino I, correi (781-810). Bernaldo (813-818). Lotario I (818-855). Lois II o Mozo (844-875). Carlos o Calvo (875-877). Carlomán (877-879). Carlos III o Gordo (879-887).
Reis de Lotarinxia
Lotario I (843-855). Lotario II (855-869). Zuentiboldo (895-900).
Reis de Francia Occidentalis
Carlos II o Calvo (843-877). Lois II o Tartamudo (877-879). Carlos III o Gordo (885-887). Carlos III o Simple (898-923). Lois IV de Ultramar (936-954). Lotario de Francia (954-986). Lois V o Indolente (986-987).
Reis de Aquitania
Ludovico Pío (781-814). Pipino I de Aquitania (817-838). Pipino II de Aquitania (838-848). Carlos o Neno (848-866).
Reis de Borgoña
Lois III o Cego (887-905). Hugo I (905-947). Lotario II de Italia (947-950). Carlos de Borgoña (950-963).
Outros soberanos
Tasilón III, Duque de Baviera (748-788). Carlos da Provenza, Rei da Provenza. Carlomán de Baviera, Rei de Baviera (876-880). Notas
Categoría:Carolinxios