Imre Schlosser-Lakatos (24 de xaneiro de 1889 - 19 de xullo de 1959) foi un futbolista húngaro. É o máximo anotador da historia da liga húngara.

Traxectoria Schlosser debutou coa camisola nacional o 7 de outubro de 1906, cando só tiña 17 anos e 256 días, nun encontro contra Bohemia, que rematou cun 4-4. Este foi o comezo dunha carreira na selección que duraría máis de vinte anos. Neste tempo xogou 68 encontros con Hungría, anotando 59 goles.

En canto aos clubs nos que xogou, foron o Ferencvárosi TC e o MTK Hungária, nos que anotou un total de 417 goles en liga, o que o fai o sexto mellor goleador de tódolos tempos (enlace en inglés).

Foi catro veces máximo anotador europeo, o que máis tarde se deu en chamar Bota de Ouro, entre as tempadas 1910-11 e 1913-14.

Categoría:Futbolistas olímpicos de Hungría Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Xogadores do MTK Budapest FC Categoría:Xogadores do Ferencvárosi Torna Club Categoría:Xogadores da selección de fútbol de Hungría Categoría:Adestradores de fútbol de Hungría Categoría:Adestradores do IFK Norrköping Categoría:Adestradores do Wisla Kraków Categoría:Nados en 1889 Categoría:Finados en 1959 Categoría:Futbolistas nos Xogos Olímpicos de 1912