Os Xogos Olímpicos de 1968 foron realizados en Cidade de México entre o 12 e o 27 de outubro de 1968. Por primeira vez os Xogos celebráronse en América Latina e a altitude de 2.300m por riba do nivel do mar da capital mexicana xerou controversias sobre os danos que o aire menos denso podería causar no desempeño dos atletas. Realmente, a altitude prexudicou o desempeño dos atletas nas probas de resistencia e de longa distancia, como o ciclismo, a natación e o maratón, mais en compensación axudou a provocar un torrente de marcas mundiais e olímpicas nos eventos máis curtos e de esforzo mais rápido como as carreiras de menos de 800m, halterofilia, lanzamento de xavelina e outros.

Contexto O ano de 1968 foi un ano bastante confuso e violento, coa guerra de Vietnam, a Revolución Cultural na China, a invasión soviética de Checoslovaquia acabando coa chamada Primavera de Praga, revoltas estudantís, marchas polos dereitos civís e enfrontamentos raciais por todo o planeta. México tamén deu a súa contribución ó clima que marcaba esta época, cando tropas federais do goberno reprimiron sanguinariamente a centenares de estudantes durante manifestacións na Praza das Tres Culturas, dez días antes da cerimonia de apertura dos Xogos, no que ficou coñecido a partir de outubro dese ano como o Masacre de Tlatelolco, manchando irremediablemente o espírito olímpico pregado polo COI e polo seu fundador, o Barón de Coubertin, provocando case o cancelamento do evento.

Participación Por primeira vez o número de estados participantes pasaba de cen, nunha demostración de prestixio, interese e popularidade innegables conquistados polos Xogos Olímpicos, que atraeron o comparecemento de 112 países, nun total de 5.516 atletas, sendo 781 mulleres.

Modalidades disputadas miniatura|270x270px|Estados participantes. Atletismo. Baloncesto. Boxeo. Piragüismo. Ciclismo. Esgrima. Fútbol. Ximnasia. Halterofilia. Hípica. Hóckey sobre herba. Loita. Natación. Péntatlon moderno. Wáter-polo. Remo. Saltos de trampolín. Tiro. Vela. Voleibol. miniatura|270x270px|Vídeo do Estadio Olímpico Universitario. miniatura|378x378px|John Carlos e Tommie Smith facendo o saludo de black power reivindicando a non discriminacion racial.

Cadro de medallas

Cadro de Medallas 50px Posición País   Gold     Silver     Bronze   Total 1 20px Estados Unidos452834107 2 20px URSS29323091 3 20px Xapón117725 4 20px Hungría10101232 5 20px Alemaña do Leste99725 6 20px Francia73515 7 20px Checoslovaquia72413 8 20px Alemaña do Oeste5111026 9 20px Australia57517 10 20px Reino Unido55313

Imaxes icónicas

Identidade corporativa O logotipo de México empregou unha tipografía que sería reutilizada no Mundial de fútbol e que se consolidou como asociada á cultura mexicana moderna. O facho olímpico estaba formado por outros máis pequenos que reproducían as letras do logotipo en tres dimensións.

Black power Unha das imaxes máis icónicas dos Xogos do 68 foi o saúdo de Black power feito polos atletas velocistas dos Estados Unidos contra a discriminación racial.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Guerra fría Lista de Xogos Olímpicos da era moderna Mundial de Fútbol de México 1970

Categoría:Deporte en 1968 Categoría:Xogos Olímpicos