Publio Cornelio Escipión, finado en 212 a.C., foi un militar e político romano, irmán de Cneo Cornelio Escipión e pai de Publio Cornelio Escipión o Africano.

Traxectoria Nomeado cónsul romano no ano 218 a.C., combateu a Haníbal en Italia e posteriormente viaxou a Hispania durante a segunda guerra púnica, xunto ao seu irmán Cneo, para combater a Hamílcar Barca, ao que derrotaron en Dertosa. Publio e o seu irmán faleceron nas proximidades de Cástulo nunha batalla contra Asdrúbal.

Procónsul de Hispania dende o 217 até o 211 a.C. Tras unha exitosa campaña, morreu na batalla de Castulo (212 a.C.).

Notas

Categoría:Militares da Roma antiga Categoría:Mortos en combate Categoría:Finados en -212 Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Cónsules da República romana Categoría:Gobernadores romanos de Hispania Categoría:Personalidades da Roma antiga do século -III