Asdrúbal Barca, (en ; transcrito como ʿAzrōbaʿl) nado en 245 a. C. en Cartago e finado preto do río Metauro en 207 a. C., foi un xeneral da Antiga Cartago, fillo de Hamílcar Barca e irmán de Haníbal e Mago Barca.
Traxectoria Foi levado polo seu pai a Hispania no 237 a. C. e converteuse no xefe do exército cartaxinés en Hispania no 218 a. C. Cando Haníbal invadiu Italia, Asdrúbal permaneceu á fronte da Península Ibérica, combatendo entre os anos 218 a. C. e 208 a. C. contra o exército de Publio Cornelio Escipión. Neste ano marchou a Italia para relevar a Haníbal, pero foi interceptado polo exército romano no Metauro sendo derrotado e morto no 207 a. C.
Notas
Categoría:Militares cartaxineses Categoría:Nados en -245 Categoría:Finados en -207