O 30 de novembro é o 334º día do ano do calendario gregoriano e o 335º nos anos bisestos. Quedan 31 días para acabar o ano.
Acontecementos 1509 - Alonso III de Fonseca toma pose como arcebispo de Compostela. 1700 - en Narva, o exército do rei Carlos XII de Suecia derrota ao do tsar Pedro I de Rusia (batalla de Narva). 1782 - Francia: representantes de Estados Unidos e o Reino da Gran Bretaña asinan en París algúns artigos preliminares de paz (que máis tarde formalizarán no "Tratado de París" (1783). 1803 - Estados Unidos: no Cabido de Nova Orleáns, o gobernador español Manuel de Salcedo e o Marqués de Casa Calvo transfiren o territorio de Luisiana ao representante francés Pierre Clément de Laussat (vinte días máis tarde, Francia venderá estas mesmas terras a Estados Unidos). 1803 - A Expedición Balmis parte da Coruña para levar a vacina da varíola a América e Filipinas. Isabel Zendal vai nela. 1834 - Domingo Fontán entrega a Carta Xeométrica de Galicia, primeiro mapa topográfico feito con métodos científicos e medicións matemáticas do Estado. 1853 - Guerra de Crimea: na batalla de Sinope a frota rusa destrúe á frota turca. 1864 - Estados Unidos: o exército de Tennessee perde a terceira parte dos seus homes e seis xenerais na batalla contra os exércitos do norte da Unión en Franklin (Tennessee), no marco da guerra civil. 1886 - Francia: apertura en París do teatro Folies Bergère. 1902 - Estados Unidos: Kid Curry Logan, o segundo na banda do pistoleiro Butch Cassidy, recibe unha condena de 20 anos de traballos forzados. 1916 - Grecia: Derradeira etapa do Holocausto grego. O ministro do interior turco Rafet Bey escribe: Temos que acabar cos gregos como o fixemos cos armenios o 28 de novembro. 1936 - Reino Unido: arde o Pazo de cristal, en Londres. Construírase para a Grande Exhibición de 1851. 1939 - Finlandia: a Unión Soviética invade este país e alcanza a Liña Mannerheim, iniciando a guerra de Inverno. 1943 - Irán: na Conferencia de Teherán (e no marco da segunda guerra mundial), o presidente estadounidense Franklin D. Roosevelt, o primeiro ministro do Reino Unido Winston Churchill e o líder soviético Iosif Stalin fixan o Día D (a invasión de Europa o 6 de xuño de 1944). 1943 - Galicia, España: Fundación do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento, dependente do CSCI, a partir dos fondos espoliados do Seminario de Estudos Galegos. 1954 - Estados Unidos: en Sylacauga (Alabama), un meteorito de 3,8 kg de sulfuro atravesa o teito, destrúe unha radio no salón, rebota e golpea á señora Elizabeth Hodges no ventre (deixándolle un gran hematoma). É o único caso coñecido dunha persoa golpeada por unha pedra do espazo. 1960 - Detense a produción na fábrica de automóbiles De Soto. 1962 - Nacións Unidas: elixen o birmano U Thant como Secretario Xeral das Nacións Unidas. 1966 - Independencia de Barbados, respecto do imperio británico. 1967 - Iemen independízase do imperio británico. 1972 - Guerra de Vietnam: o secretario de prensa da Casa Branca Ron Ziegler declara que non haberá máis anuncios públicos acerca do retiro de tropas estadounidenses de Vietnam trala derrota, debido a que só ficaban alí, por retirar, 27 000 soldados. 1981 - Suíza: en Xenebra, representantes de Estados Unidos e a Unión Soviética comezan a negociar a redución en Europa das armas nucleares de alcance medio, no marco da guerra fría. O 17 de decembro as negociacións suspendéronse, sen concluír. 1982 - España: primeira viaxe pastoral dun Papa a España (Xoán Paulo II) 1982 - Reino Unido: a primeira ministra Margaret Thatcher recibe un paquete-bomba na súa residencia na Rúa Downing, 10. 1989 - Alemaña: Alfred Herrhausen, membro do directorio do Deutsche Bank é asasinado por unha bomba do grupo terrorista "Fracción do Exército Vermello". 1993 - Estados Unidos: o presidente Bill Clinton firma a lei Brady para a prevención da violencia con pistolas. 1998 - Alemaña: o Deutsche Bank anuncia que merca o Bankers Trust por 10 000 millóns de dólares xerando así a institución financeira máis grande do mundo. 1999 - Estados Unidos: en Seattle, Washington, o movemento antiglobalización forza a cancelación da cerimonia de apertura do encontro da Organización de Comercio Mundial. As protestas remataron o 3 de decembro. 1999 - Reino Unido: fusión das empresas British Aerospace e Marconi Electronic Systems formando BAE Systems, o contratista de defensa máis grande de Europa e a cuarta empresa aeroespacial do mundo.
Nacementos 538 - Gregorio de Tours, Bispo, santo católico e historiador francés (m. 594). 1466 - Andrea Doria, político e almirante xenovés (m. 1560). 1508 - Andrea Palladio, arquitecto paduano (m. 1580). 1667 - Jonathan Swift, escritor satírico irlandés (As viaxes de Gulliver) (m. 1745). 1670 - John Toland, filósofo deísta irlandés (m. 1722). 1723 - William Livingston, revolucionario gobernador de Nova Jersey (m. 1790). 1781 - Alexander Berry (m. 1873), aventureiro escocés, fundador de Berry (Australia). 1796 - Carl Loewe, compositor (m. 1869). 1810 - Oliver Winchester, inventor do rifle Winchester (m. 1880). 1817 - Theodor Mommsen, historiador alemán (m. 1903), premio Nobel de Literatura no 1902 (Historia de Roma). 1835 - Mark Twain (Samuel Langhorne Clemens), escritor satírico estadounidense (As aventuras de Huckleberry Finn). 1836 - Lord Frederick Cavendish, político inglés (m. 1882). 1847 - Afonso Pena, presidente do Brasil (m. 1909) 1867 - Max González Olaechea, médico clínico e profesor peruano. 1869 - Gustaf Dalén, físico sueco, Premio Nobel (m.1937) 1874 - Winston Churchill, primeiro ministro e escritor británico (m. 1965). 1874 - Lucy Maud Montgomery, escritora canadense (m. 1942). 1889 - Edgar Douglas Adrian, fisioloxista británico, Premio Nobel (m.1977). 1899 - Manuel Moure Gómez, mestre, xornalista e político galego. 1904 - Clyfford Still, pintor expresionista abstracto estadounidense (m. 1980). 1906 - Princesa Marina do Reino Unido (m. 1968). 1912 - Gordon Parks, director e escritor. 1915 - Brownie McGhee, músico (m.1996). 1915 - Henry Taube, químico canadense, Premio Nobel (m.2005) 1918 - Efrem Zimbalist Jr., actor estadounidense. 1920 - Virginia Mayo, actriz. 1924 - Shirley Chisholm, política estadounidense. 1924 - Allan Sherman, comediante estadounidense (m. 1973). 1927 - Richard Crenna, actor estadounidense (m. 2003). 1927 - Robert Guillaume, actor. 1929 - Joan Ganz Cooney, pioneira dos programas infantiles de televisión. 1929 - Dick Clark, presentador de televisión. 1930 - G. Gordon Liddy, figura do escándalo Watergate. 1936 - Abbie Hoffman, activista estadounidense contra a guerra. 1937 - Ridley Scott, director inglés (Blade runner, Thelma e Louise). 1938 - Margarita Salas, bióloga molecular e Premio Ramón y Cajal. 1943 - Terrence Malick, escritor e produtor. 1945 - Roger Glover, baixista galés (Deep Purple) 1946 - Xosé Vázquez Pintor, escritor 1947 - David Mamet, guionista. 1947 - Sergio Badilla Castillo, poeta creador do transrealismo poético. 1951 - Christian Bernard (FRC), emperador rosacruz de AMORC. 1952 - Mandy Patinkin, actor, cantante. 1955 - Billy Idol, músico de rock. 1958 - Stacey Q, cantante e actriz Estadounidensa. 1960 - Gary Lineker, xogador inglés de fútbol. 1962 - Daniel Keys Moran, escritor de ciencia ficción. 1978 - Clay Aiken, cantautor. 1982 - Elisha Cuthbert, actriz. 1985 - Kaley Cuoco, actriz.
Mortes
1016 - Rei Etelredo II, o Iletrado. 1718 - Rei Carlos XII de Suecia. 1793 - Antonio José María Barnave, membro da Asemblea Constituínte de Francia. 1830 - Papa Pío VIII o Francesco Saverio Castiglione, relixioso italiano. 1900 - Oscar Wilde, novelista, dramaturgo, crítico literario e poeta irlandés (n.1854) 1903 - Francisco Blanco García, escritor e historiador español. 1934 - Celestino López de Castro, médico galego (n. 1860). 1935 - Fernando Pessoa, poeta e ensaísta portugués (n. 1888) 1947 - Ernst Lubitsch, director de cine estadounidense de orixe alemá. 1953 - Francis Picabia, pintor e poeta parisiense (n.1879). 1954 - Enrique Fernández Sendón, escritor e político galego (n. 1909). 1979 - Zeppo Marx, actor neoiorquino (o galán "normal" dos Irmáns Marx). 1979 - Pedro Lazaga, cineasta español. 1994 - Guy Debord, pensador francés (n. 1931) 1996 - Tiny Tim, músico. 1999 - Germán Arciniegas, escritor colombiano. 2001 - Robert Tools, a primeira persoa que recibiu un corazón artificial completamente autocontido. 2002 - Manuel Ballesteros, historiador e antropólogo español. 2002 - Hans Hartz, músico. 2003 - Gertrude Ederle, nadadora estadounidense. 2021 - Oriol Bohigas, arquitecto catalán.
Festas e celebracións Día Internacional da Seguridade da Información e a Cultura de Ciberseguridade . Día de santo André, patrono de Santo André de Teixido, Escocia e Rusia. Filipinas: Día de Bonifacio (insurrección de 1896).
Outros Onomástica: Andrés, Andrea. Os 366 días do ano
Notas
Categoría:Novembro