A bandeira de Daguestán (en ; en ; en ) é un dos símbolos da república federal rusa de Daguestán. Foi adaptada despois da transformación da RASS de Dagestán na república actual dentro da federación rusa. Foi oficialmente adoptada o 26 de febreiro de 1994. Componse de tres franxas horizontais de cor ver (polo islam),The World Encyclopedia of Flags, Alfred Znamierowski (pub. Hermes House, 2002), p. 160 azul (polo mar Caspio), e vermello (pola coraxe e fidelidade). O 19 de novembro de 2003 a proporción da bandeira foi cambiada dende a orixinal 1:2 a 2:3, e a franxa da metade de azul claro a azul escuro.
Esquema de cores O esquema de cores oficiais foi declarado o 19 de novembro de 2003.
40pxEsquema de cores Verde Azul Vermello CMYK 100-0-50-42 100-66-0-35 0-80-86-16HEX#009349#0039A6#D52B1ERGB0-147-730-57-166213-43-30
Bandeiras históricas Despois da formación da República Autónoma Socialista Soviética de Daguestán, a partir da República Montañosa do Cáucaso Norte en 1921, Daguestán tivo varias bandeiras seguindo o modelo das outras Repúblicas Autónomas, primeiro como bandeiras vermellas coas iniciais da república (é dicir, "ДАССР") e despois unha bandeira da república co mesmo nome. Coa caída da Unión Soviética, Daguestán deixou caer o А (para Автономная, "autónomo") da súa bandeira e a inscrición rezaba simplemente "ДССР". Unha bandeira con franxas horizontais azuis e amarelas puido usarse brevemente en 1993 e 1994 ata que se adoptou unha variación do tricolor horizontal actual en 1994.
Outras bandeiras Varios pobos de Daguestán idearon as súas propias bandeiras étnicas:
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Categoría:Bandeiras de pobos indíxenas Categoría:Bandeiras de suxeitos federais de Rusia Categoría:Bandeiras introducidas en 1994