O dominio MAM é un dominio proteico consevado evolutivamente. É un dominio extracelular atopado en moitas proteínas receptoras.

O dominio MAM é un dominio de 170 aminoácidos denominado polas iniciais de meprina, proteína A-5 e proteína receptora tirosina fosfatase mu, foi recoñecido na rexión extracelular de proteínas con diversa funcionalidade. Estas proteínas teñen unha arquitectura similar a un receptor modular que comprende un péptido sinal, un dominio extracelular N-terminal, un só dominio transmembrana e un dominio intracelular. Tales proteínas inclúen a meprina (unha glicoproteína da superficie celular); o antíxeno A5 (unha proteína da superficie celular regulada no desenvolvemento; nrp1 de Xenopus; (ver UniProt P28824); e unha proteína tirosina fosfatase similar a un receptor. O dominio MAM pénsase que ten unha función adhesiva. Contén 4 residuos de cisteína conservados, que probablemente forman pontes disulfuro.

Proteínas humanas que conteñen este dominio ALK; EGFL6; MAMDC2; MAMDC4; MDGA1; MDGA2; MEP1A; MEP1B; NPNT; NRP1; NRP2; PRSS7; PTPRK; PTPRM; PTPRO; PTPRT; PTPRU; ZAN

Notas

Categoría:Dominios proteicos Categoría:Proteínas de membrana