Victoria Kamāmalu Kaʻahumanu IV, nada o 1 de novembro de 1838 e finada o 29 de maio de 1866, foi Kuhina Nui de Hawai, consideración equivalente a un primeiro ministro, e princesa herdeira.
Traxectoria Filla única da princesa Kīnaʻu e do seu terceiro marido, o príncipe Kekūanāoʻa. Os seus dous irmáns foron reis de Hawai cos nomes de Kamehameha IV e Kamehameha V. Kamamalu foi nomeada herdeira ó título de Kuhina-Nui en 1850 e tivo o cargo entre o 16 de xaneiro de 1855 ata 1863, utilizando ás veces o nome de Kaahumanu IV, foi nomeada sucesora ó trono polo rei Kamehameha V en 1863.
Foi unha grande afeccionada á música, foi directora do coro da igrexa de Kawaiahao.
Véxase tamén
Ligazóns externas Artigo no New York Times sobre ela do 27 de marzo de 1855 Victoria Kamāmalu nos sellos Hawai'i's Lost Princess: Princess Victoria Kamāmalu Ka'ahumanu IV Biografía de Victoria Kamāmalu
Categoría:Dinastía Kamehameha Categoría:Nados en Honolulu, Hawai Categoría:Nados en 1838 Categoría:Finados en 1866