Para outras moedas dun dólar dedicadas a Eisenhower, véxase Dólar Eisenhower e Dólar presidencial
Dólar de prata do centenario de Eisenhower170x170px170x170pxA/: Dous perfís superpostos de Eisenhower. Data; marca de ceca. Lendas: EISENHOWER CENTENNIAL / 1890-1990 / LIBERTY / IN GOD WE TRUSTR/: Casa de Eisenhower en Gettysburg. Lenda: UNITED STATES OF AMERICA / ONE DOLLAR / EISENHOWER HOME / E PLURIBUS UNUM Valor: 1 dólar. Gravador: John Mercanti (anv.) e Marcel Jovine (rev.). Datas de emisión: 1990 Ceca: US Mint: Cecas de Filadelfia ("P") e de West Point (W). Tiraxe: 1.386.130 exemplares. Aliaxe: 90 % prata e 10 % cobre. Diámetro: 38,1 mm. Peso: 26,73 g. Espesor: 2,8 mm. Canto: estriado.
O dólar de prata do centenario de Eisenhower é unha moeda conmemorativa, non circulante, emitida pola Casa da Moeda dos Estados Unidos en 1990 e cuñada polas Cecas de Filadelfia e de West Point.
Esta moeda foi autorizada pola Lei 100-467, do 3 de outubro de 1988,"Public Law 100-467 - OCT. 3, 1988". Govinfo.gov pola que se creaba unha moeda conmemorativa do centenario do nacemento de Dwight D. Eisenhower (1890-1969), o 34º presidente dos Estados Unidos de América (1953-1961)."Eisenhower Centennial Dollar". United States Mint.
Deseño No anverso da moeda, deseñado e gravado polo gravador da US Mint John Mercanti, reprodúcense dous retratos de perfil superpostos de Dwight D. Eisenhower, orientados cara a lados opostos: en primeiro termo e cara á dereita como presidente, e detrás del e cara á esquerda como xeneral de cinco estrelas. A dobre data da moeda, 1890-1990, alude ao mesmo tempo á celebración do centenario e ao ano de emisión."1 Dollar Eisenhower Centennial". Numista.com
Pola súa banda, o reverso, obra de Marcel Jovine, representa unha vista exterior da casa de Eisenhower no Sitio Histórico Nacional de Gettysburg, Pensilvania.
Produción e comercialización A lei que autorizou a emisión destas moedas conmemorativas prevía unha tiraxe máxina de catro millóns de exemplares. A moeda produciuse na Casa da Moeda de West Point na súa versión estándar e na Casa da Moeda de Filadelfia cun ababamento especial (proof), e estivo dispoñible para a súa adquisición por parte da poboación a partir do 16 de xaneiro de 1990.
A súa produción foi de 241.669 moedas na súa condición estándar e 1.144.461 en versión proof, o que fai un total de 1.386.130 exemplares, lonxe da tiraxe máxima autorizada."Historical Commemorative Coin Sales Figures: 1990 Eisenhower Centennial Silver Dollar". United States Mint.
A moeda comercializouse aos prezos de 26 dólares en condición estándar e 29 en versión proof, e o beneficio conseguido coa súa venda destinouse en parte á Sociedade Histórica do Tribunal Supremo (Supreme Court Historical Society) e tamén á redución da débeda pública.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Moeda dun dólar estadounidense Moedas do dólar estadounidense Casa da Moeda dos Estados Unidos
Ligazóns externas
"1990 Eisenhower Centennial Silver Dollar" (ModernCommemoratives.com)
Categoría:Moedas dun dólar estadounidense Categoría:Moedas de prata Categoría:Moedas conmemorativas dos Estados Unidos de América