miniatura| Lóstrego do Catatumbo pola noiteO raio, lóstrego ou relampo de Catatumbo (en castelán Relámpago del Catatumbo) é un fenómeno atmosférico que se dá en Venezuela, nunha zona situada sobre a desembocadura do río Catatumbo no lago de Maracaibo, no estado Zulia. Os frecuentes e poderosos raios sobre esta área relativamente pequena considéranse o maior xerador de ozono troposférico do mundo, é dicir, o ozono que non enche a ozonosfera estratosférica.

Historia

Frecuencia Orixínase a partir dunha masa de nubes de tormenta que crea un arco de máis de 5 km de altura, durante unha media de 140-160 noites ao ano, 10 horas ao día e até 280 veces á hora. Grazas a esa frecuencia de até cinco relampos por minuto, era un faro natural, chamado Faro de los navegantes ou Faro de Maracaibo.

Atópase no lago de Maracaibo e arredores, normalmente nunha zona de páramo formada onde o río Catatumbo desemboca no lago.

Parón de 2010 Despois de aparecer continuamente durante séculos, o raio cesou de xaneiro a abril de 2010 ao parecer debido á seca. Isto provocou o temor de que puidese extinguirse definitivamente. O fenómeno reapareceu despois duns meses.

Récord en 2014 O espectáculo natural recibiu de parte de Guinnes WR en xaneiro do ano 2014 a certificación que o recoñece como o lugar de maior concentración de lóstregos do mundo, producindo 1176000 relampos ao ano, equivalendo a 250 por km2 ao ano, superando por 92 relampos por km2 á rexión de Kifuka, na República Democrática do Congo.

Lugar e mecanismo de formación Os relampos do Catatumbo adoitan desenvolverse entre as coordenadas e . As treboadas (e os raios asociados) probablemente sexan o resultado dos ventos que sopran polo lago de Maracaibo e as chairas pantanosas circundantes. Estas masas de aire atópanse inevitabelmente coas cordilleiras altas dos Andes, a Serra de Perijá (3.750 m) e a Serra Nevada de Mérida, que rodean a chaira por tres lados. A calor e a humidade recollidas nas terras baixas crean cargas eléctricas e, cando as masas de aire se desestabilizan na dorsal da montaña, producen actividade treboenta practicamente continua. O fenómeno caracterízase por caer relampos case continuos, principalmente dentro das nubes, que se producen dentro dunha gran formación de nubes vertical que forma un longo arco eléctrico entre 2 e 10 km de altura (ou máis). Os raios adoitan comezar unha hora despois do solpor.

Solicitude de inclusión na Lista de Patrimonio Natural da UNESCO A rexión de Maracaibo no estado Zulia foi proclamada pola NASA como "Capital Mundial do Raio" e foi proposta como "Patrimonio Natural da Humanidade", en base á súa alta espectacularidade, á súa historia como Faro de navegantes, ao excepcional valor científico e ao seu papel como rexenerador de ozono. En 2005 foi aprobada na Asemblea Nacional de Venezuela o inicio das xestións, retomadas en 2021 despois dos recoñecementos da NASA e do Guinnes WR.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Raio Lóstrego, lampo ou relampo Nubeiro Pedra do raio

Categoría:Xeografía de Venezuela Categoría:Meteoroloxía Categoría:Climatoloxía Categoría:Fenómenos atmosféricos