Dólar de prata March of Dimes170x170px170x170pxA/: Retratos de perfil cara á dereita de Franklin D. Roosvelt e Jonas Salk. Data e marcas de ceca, de deseñador (PCB) e de gravador (MG). Lendas: LIBERTY / IN GOD WE TRUSTR/: Bebé durmindo sobre a man da súa nai. Marca de gravador (DE). Lenda: UNITED STATES OF AMERICA / MARCH of DIMES / $1 / E PLURIBUS UNUM Valor: 1 dólar. Gravador: P. C. Balan e M Gaudioso (anv.), e D. Everhart (rev.). Datas de emisión: 2015 Ceca: US Mint: Cecas de Filadelfia (P) e de West Point. Tiraxe: 156.772 exemplares. Aliaxe: 90 % prata e 10 % cobre. Diámetro: 38,1 mm. Peso: 26,73 g. Espesor: 2,8 mm. Canto: estriado.

O dólar de prata March of Dimes é unha moeda conmemorativa, non circulante, emitida pola Casa da Moeda dos Estados Unidos en 2015 e cuñada polas Cecas de Filadelfia e de West Point.

Esta moeda dun dólar foi autorizada pola Lei 112-209, do 18 de decembro de 2012,"Public Law 112-209 - DEC. 18, 2012". Govinfo.gov pola que se dispuxo a emisión dunha moeda que recoñecese o labor da entidade sen ánimo de lucro March of Dimes, dedicada ao coidado da saúde das nais e dos bebés, en conmemoración do 75 aniversario da súa fundación por Franklin D. Roosvelt en 1938."March of Dimes Silver Dollar". United States Mint.

Deseño Para a escolla dos motivos que debían estar presentes nesta moeda conmemorativa, o Comité Consultivo Cidadán sobre a Moeda e a Comisión de Belas Artes dos Estados Unidos fixeron as súas propostas de 22 posibles anversos e 18 reversos,Unser, M. (2014). "2015 March of Dimes Silver Dollar Designs Recommended". En CoinsNews.net. 19 de maio. entre os que se escolleron os que finalmente se chegaron a cuñar.Unser, D. L. (2015). "2015 March of Dimes Silver Dollar Images Revealed". En CoinNews.net. 30 de xaneiro.

No anverso da moeda, deseñado por Paul C. Balan e gravado por Michael Gaudioso, represéntanse os retratos de Franklin D. Roosvelt, fundador da entidade March of Dimes e do doutor Jonas Salk, creador da vacina contra a poliomielite. Á súa dereita amósanse impresos os lemas LIBERTY ("Liberdade") e IN GOD WE TRUST ("En Deus confiamos"), tradicionais das moedas estadounidenses, así como a data de emisión da moeda."1 Dollar March of Dimes". Numista.com

Pola súa banda, o reverso, obra de Don Everhart, reproduce a imaxe dun bebé durmindo sobre a man da súa nai, en alusión aos fins que persegue a Fundación, xunto coa lenda MARCH OF DIMES. O nome do país emisor, o valor facial e o lema E PLURIBUS UNUM completan as lendas do reverso.

Produción e comercialización A lei que autorizou a emisión destas moedas conmemorativas prevía unha tiraxe máxina de 500.000 exemplares. A moeda produciuse na Casa da Moeda de Filadelfia na súa versión estándar, en tanto que a Casa da Moeda de West Point cuñou as moedas con acabamento especial (proof) a emisión estivo dispoñible para a súa adquisición por parte da poboación desde o 13 de marzo de 2015.

A súa produción foi de 24.742 moedas na súa condición estándar e 132.030 en versión con acabamento especial (proof) o que fai un total de 156.772 exemplares."Historical Commemorative Coin Sales Figures: 2015 March of Dimes Silver Dollar". United States Mint.

A moeda comercializouse aos prezos de 48,95 dólares en condición estándar e 51,95 en versión proof,"2015 March of Dimes Silver Dollar". ModernCommemoratives.com e consonte a lei que autorizou a súa emisión, unha parte do beneficio acadado pola súa venda foi destinado á Fundación March of Dimes para axudar a financiar a investigación, a educación e os servizos encamiñados á mellora da saúde das nais e dos bebés.

Recoñecementos O dólar de prata March of Dimes foi galardoado na edición de 2017 dos Premios Moeda do Ano, como "moeda máis inspiradora" das cuñadas no mundo en 2015."Coin of the Year's 10 winners". En Numismatic News. 15 de decembro de 2016.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Moeda dun dólar estadounidense Moedas do dólar estadounidense Casa da Moeda dos Estados Unidos

Ligazóns externas

"2015 March of Dimes Silver Dollar" (ModernCommemoratives.com)

Categoría:Moedas dun dólar estadounidense Categoría:Moedas de prata Categoría:Moedas conmemorativas dos Estados Unidos de América