Charro! é un filme estadounidense de 1969 dirixido, producido e escrito por Charles Marquis Warren. Está protagonizado por Elvis Presley e foi rodado no Apacheland Movie Ranch e Old Tucson Studios, en Arizona. Este foi o único filme de Presley no cal non cantou en pantalla, e tampouco contou con ningunha canción, agás o tema principal, que foi interpretado nos créditos iniciais. Tamén foi o único filme no que Presley levou barba. O filme foi adaptado á novela por Harry Whittington.Bridges, Ben. "Harry Whittington." www.benbridges.com.uk. Consultado o 9 de decembro de 2016.De Jong, Gerrit. "Original Books Adapted Into Elvis Presley’s Movies." www.elvisechoesofthepast.com. Consultado o 9 de decembro de 2016.

Ina Balin, Victor French, Barbara Werle e Solomon Sturges forman parte do elenco. Foi o derradeiro filme do director Charles Marquis Warren. Tamén foi o único filme de Presley distribuído por National General Pictures. O filme obtivo beneficios, mais non foi un grande éxito, e segue a ser unha das películas menos vistas de Presley a pesar de ser considerada entre as súas mellores en canto a unha actuación "directa" (non musical).

Personaxes Elvis Presley como Jess Wade Ina Balin como Tracey Winters Victor French como Vince Hackett Barbara Werle como Sara Ramsey Solomon Sturges como Billy Roy Hackett Lynn Kellogg como Marcie Paul Brinegar como Opie Keetch Harry Landers como Heff Tony Young como Tenente Rivera James Almanzar como Sheriff Ramsey James Sikking como Gunner

Notas

Categoría:Filmes de 1969 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Charles Marquis Warren Categoría:Filmes ambientados en México Categoría:Filmes de 1969 con versión en galego