miniatura|Consejos para trabajadores españoles empleados en la República Federal de Alemania, 1963. Os galegos en Alemaña son os inmigrantes galegos, e os seus descendentes, que se asentaron en Alemaña. No ano 2016, eran 17 023 habitantes, concentrados principalmente na cidade de Hamburgo, onde viven máis de 4 000, e en menor medida, noutras zonas do país.
Historia Historicamente, Galicia foi un exportador neto de poboación para o resto de España e a inmigración galega foi masiva entre finais do século XIX e comezos do século XX. Entre 1900 e 1981, a saída neta de persoas de Galicia foi de máis de 825 000. Tamén tivo un factor importante a guerra civil española, a caída da Segunda República Española e a chegada de Francisco Franco ó poder. Isto motivou unha nova onda de emigración cara a fóra de Galicia a outros países europeos, sobre todo a Francia, Suíza, Alemaña e, en menor medida, no Reino Unido.
A emigración galega en Alemaña foi especialmente intensa na década de 1960, e estivo vinculada á necesidade de man de obra pouco cualificada nese país, como por exemplo no sector da construción. Moitos dos traballadores galegos que marcharon a Alemaña fixérono contratados a través da Oficina Federal de Colocación e do IEE. Porén, calcúlase que un de cada tres emigrantes galegos en Alemaña fixérono de maneira "irregular" buscando transporte, traballo e aloxamento polos seus propios medios.
Censo electoral de galegos residentes en Alemañapor provincia de inscrición, a 1/9/2023 Instituto Nacional de Estadística Provincia da Coruña 3.896 Provincia de Lugo 836 Provincia de Ourense 4.795 Provincia de Pontevedra 5.763 Total de galegos en Alemaña 15.290 Notas
Véxase tamén
Bibliografía Muñoz Sánchez, Antonio (2012). "Una introducción a la historia de la emigración española en la República Federal de Alemania (1960-1980)" Iberoamericana (en castelán). XII, número 46. pp. 23–42. Outros artigos Diáspora galega
Categoría:Grupos étnicos de Alemaña Alemaña