Ottavio Bianchi, nado en Brescia o 6 de outubro de 1943, é un exfutbolista e exadestrador italiano, que xogaba como centrocampista. Como futbolista destacou principalmente no Brescia, o Napoli e a Atalanta, mentres que como adestrador é especialmente recordado por levar o Napoli a gañar o primeiro campionato de Serie A da súa historia, na tempada 1986/87, na que gañou tamén a Copa de Italia. Dous anos despois gañou tamén a Copa da UEFA co club napolitano.
Traxectoria
Como futbolista Formouse como futbolista nos equipos xuvenís do e debutou co primeiro equipo na Serie A en 1965. Ao ano seguinte foi contratado polo Napoli, club co que xogou durante os seguintes cinco anos, vestindo a continuación as camisolas de , Milan e . Pechou a súa carreira como xogador no SPAL, na Serie B, en 1977. Na súa última campaña no club, exerceu tamén como segundo adestrador de Ottavio Bugatti, tralas destitucións de Guido Capello e Giovanni Ballico. Finalmente Bugatti foi substituído polo galego Luis Suárez.
Selección italiana Foi dúas veces internacional coa selección nacional, coa que debutou o 1 de novembro de 1966 nun partido amigable ante a Unión Soviética en Milán que rematou con vitoria italiana pola mínima. Anteriormente xogara tamén coa selección B, en marzo de 1966.Almanacco Illustrato del Calcio 2007, Modena, Panini, p. 591
Como adestrador Xa plenamente como adestrador, pasou polos bancos do Siena, o Mantova, a Triestina e a Atalanta, gañando con esta última o campionato da Serie C1 na tempada 1981/82.
Durante a tempada 1983/84 debutou na Serie A, no banco do , e a continuación pasou polo Como, antes de asinar en 1985 polo Napoli. Na súa primeira campaña no equipo azul, quedou terceiro na liga, mentres que na segunda gañou un histórico scudetto, o primeiro da historia do club. O conxunto napolitano, liderado no campo polo astro Diego Armando Maradona, fíxose tamén coa Copa de Italia, despois de derrotar na final á Atalanta.
Na tempada 1987/88 o Napoli mantívose líder ata a 27ª xornada, perdendo inesperadamente catro dos seus últimos cinco partidos e cedendo así o título de liga ao Milan de Arrigo Sacchi. Na seguinte campaña o equipo chegou ata a final da Copa de Italia, onde caeu ante a Sampdoria, e gañou a Copa da UEFA, vencendo na final ao Stuttgart. Trala vitoria Bianchi pediulle ao presidente Ferlaino que rescindise o seu contrato para poder adestrar a Roma, pero o presidente negouse, polo que o adestrador permaneceu un ano parado, aínda con contrato co Napoli.
En 1990 fichou finalmente pola Roma, coa que gañou a Copa de Italia en 1991, e coa que acadou ese mesmo ano a final a dobre partido da Copa da UEFA, onde perdeu contra o Inter de Milán de Trapattoni.
Estivo á fronte do equipo durante unha segunda tempada e en novembro de 1992 colleu de novo as rendas do Napoli, trala destitución de Claudio Ranieri. Conseguiu sacar o equipo dos postos de descenso nos que se atopaba e na seguinte tempada pasou a ocupar o posto de director técnico.
En 1994 aceptou unha oferta do Inter de Milán, co que acabou sexto na liga na súa primeira tempada. Non chegou a rematar a segunda, pois despois dunha derrota ante o Napoli, foi destituído polo novo presidente Massimo Moratti, e substituído por Luis Suárez.
O 6 de marzo de 2001 foi nomeado responsable da área técnica da Fiorentina. A comezos do 2002 adestrou brevemente o equipo, sucedendo a Roberto Mancini, e en abril converteuse no presidente do club, trala dimisión de Ugo Poggi. O equipo acabou descendendo e foi declarado en bancarrota.
Palmarés
Xogador Brescia Serie B (1): 1964/65.
Adestrador Napoli Serie A (1): 1986/87. Copa Italia (1): 1986/87. Copa da UEFA (1): 1988/89.
Roma Copa Italia (1): 1990/91.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Datos do xogador na selección italiana .
Categoría:Nados en Brescia Categoría:Nados en 1943 Categoría:Futbolistas de Italia Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Xogadores do Brescia Calcio Categoría:Xogadores do SSC Napoli Categoría:Xogadores do Atalanta BC Categoría:Xogadores do AC Milan Categoría:Xogadores do Cagliari Calcio Categoría:Xogadores do SPAL Categoría:Xogadores da selección de fútbol de Italia Categoría:Adestradores de fútbol de Italia Categoría:Adestradores do SPAL 1907 Categoría:Adestradores do Robur Siena Categoría:Adestradores do Atalanta BC Categoría:Adestradores do Calcio Como 1907 Categoría:Adestradores do SSC Napoli Categoría:Adestradores do AS Roma Categoría:Adestradores do Inter de Milán