Juste-Aurèle Meissonier, nado en 1695 e finado en 1750, foi un ourive, escultor, pintor, arquitecto e deseñador de mobles francés.
Meissonier foi quen realizou a primeira e fundamental contribución á linguaxe artística coñecida como rococó xa que foi el quen propagou o estilo polos seus deseños e obras, caracterizados pola asimetría e o dinamismo das formas, baseadas na ondulación das curvas e contracurvas en tódalas direccións espaciais, a fluidez, a imaxinación e libre inventiva da súa linguaxe coa introdución da forma rochosa mariña e outros elementos mariños.
Da súa obra só se conservan tres pezas, unha caixiña de ouro e lapislázuli, un candelabro de prata e dúas sopeiras.miniatura|Deseño para unha mesa por Meissonnier, París, c. 1730.|centro
Categoría:Nados en 1695 Categoría:Finados en 1750 Categoría:Escultores de Francia Categoría:Pintores de Francia Categoría:Arquitectos de Francia Categoría:Artistas de Francia Categoría:Deseñadores Categoría:Nados en Turín