A praia de Caneliñas é un areal situado dentro do centro urbano de Portonovo, na parroquia de Adina, Sanxenxo. É o areal urbano da vila de Portonovo, xunto co de Baltar.
Está rodeada pola avenida de Pontevedra. É unha praia pequena e recollida á beira da punta de Canelas ou Punta de Seame, que a separa da praia de Canelas.
Caneliñas