A kernita ou rasorita é un mineral da clase dos minerais boratos. Foi descuberta en 1927 nun xacemento de boro no condado de Kern, en California (EUA), de onde provén o seu nome. O outro sinónimo débese polo característico hábito dos grupos de cristais fibrosos, que aparecen cortados rasados.
Características químicas Quimicamente é un tetraborato de sodio hidroxilado e hidratado. Convértese en metakernita se se quenta por riba de 100 a 120 °C, mentres que convértese en tincalconita cando se deshidrata.
Formación e xacementos Aparece en xacementos de rocha sedimentaria con boratos, formadas como evaporitas en ambiente continental árido, ou ben en lutitas con boratos que foron sometidas a metamorfismo.
Adoita atoparse asociado a outros minerais como: ulexita, inyoíta, colemanita ou bórax.
Usos É un importante mineral que se emprega na minaría do boro.
Véxase tamén Outros artigos Lista de minerais Ligazóns externas Kernita, mindat.org. Kernita, webmineral.com. Manual de kernita , Mineral Data Publishing.
Categoría:Condado de Kern Categoría:Minerais