miniatura|Modernos edificios en Santiago de Chile. A economía de Chile está orientada ó mercado, co elevado nivel de comercio exterior. Ostenta índices notables en canto a competitividade, liberdade económica,, desenvolvemento financeiro, crecemento económico, e conságrase como a economía máis dinámica de América Latina e a segunda a nivel mundial. Ademais, ten a cualificación da débeda externa máis favorable do continente.
Durante o comezo da década de 1990, a reputación de Chile como un modelo de reforma económica fortaleceuse cando o goberno democrático de Patricio Aylwin, que asumiu despois do réxime militar, en 1990, profundou a reforma económica iniciada no goberno Pinochet.
O crecemento do produto interior bruto foi en media 8% ó ano entre 1991 e 1997, pero caeu á metade, en 1998 debido á ríxida política monetaria. En 1999 unha seca reduciu o crecemento a negativo. A recuperación comezou en 2003, e acelerouse a 6,1% en 2004 e 2005, mentres a inflación permaneceu baixa. Entre 2003 e 2013 o crecemento real medio da economía foi 5% ó ano, a pesar da crise económica o 2009.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Escudo chileno Peso chileno