Rita Hernandez de Alba de Acosta Stokes Lydig, nada en Nova York o 1 de outubro de 1875 e finada na mesma cidade o 27 de outubro de 1929, foi unha socialite estadounidense considerada "a muller máis pintoresca dos Estados Unidos". Foi fotografada por Adolf de Meyer, Edward Steichen e Gertrude Käsebier, esculpida en alabastro por Malvina Hoffman, e pintada por Giovanni Boldini e John Singer Sargent, entre outros.
Traxectoria Familia Rita de Acosta naceu na cidade de Nova York, filla de Ricardo de Acosta (1837–1907), executivo dunha liña de navíos de ascendencia cubana, e da española Micaela Hernández de Alba y de Alba (1853–1921), supostamente parente dos duques de Alba. Tiño sete irmáns: Joaquín, Enrique, Ricardo, Mercedes, Aida, Maria e Ángela. A súa irmá Mercedes foi escritora, guionista e crítica social, Aida foi a primeira muller que pilotou unha aeronave en solitario e a segunda esposa do axudante do Secretario de Guerra Henry Skillman Breckinridge, e Maria casou co compositor Theodore Ward Chanler.
Influencia na arte e na moda miniatura|esquerda|Rita Lydig fotografada polo barón Adolf de Meyer en 1913 Rita viviu en Nova York, París e Londres e entre os seus amigos estaban Edgar Degas, Auguste Rodin, Leo Tolstoy, Sarah Bernhardt, Ethel Barrymore e Claude Debussy. She also supported the suffragette cause.
Célebre polo seu estilo de vida extravagante, "...Rita era benvida igualmente en París, onde pasaba parte do ano. Chegaría ao Ritz cunha peiteadora, masaxista, chofer, secretaria, doncela... e corenta baúis de Louis Vuitton... En París, xuntábase con músicos, artistas, intelectuais e filósofos como Rodin, Eleonora Duse, Yvette Guilbert etc." Impresionada polo espírito creativo innato de Rita, Isabella Stewart Gardner, a gran coleccionista e creadora do museo Gardner de Boston, preguntou unha vez ao seu amigo común John Singer Sargent por que Lydig nunca se expresara artisticamente. "Por que debería?", contestou Sargent, "ela mesma é arte".'The Power of Style: The Women Who Defined the Art of Living Well' by Annette Tapert Published by Crown (1994)
Escribiu tamén unha novela, Tragic Mansions (Boni & Liveright, 1927), baixo o nome Mrs Philip Lydig, un melodrama de sociedade descrito como "emocionalmente conmovedora e atractiva" por The New York Times.
Vida persoal miniatura|Fotografía de Rita Lydig, 1925 Rita de Acosta casou en dúas ocasións. O seu primeiro matrimonio foi o 3 de xaneiro de 1895 cando aos dezaseis anos se converteu na primeira esposa do multimillonario William Earl Dodge Stokes (1852–1926), que construíu o Ansonia no Upper West Side de Manhattan. O matrimonio foi infeliz debido o temperamento e a crueldade física de Stoke, e cando se divorciaron en 1900, ela recibiu un acordo de case dous millóns de dólares, un récord nesa época. En febreiro de 1922, testificou no xulgado contra Stokes, entón nun desagradable proceso de divorcio da súa segunda esposa, e afirmou que el adoitaba breala durante o seu matrimonio. Antes do seu divorcio, vivían no 262 da West 72nd Street e foron pais dun fillo, William Earl Dodge Stokes Jr. (1896–1982).
En 1902, casou co maior Philip Mesier Lydig, un rico e socialmente destacado oficial retirado do exército estadounidense, na capela da Igrexa da Graza polo reverendo William R. Houghton. Foi entregada polo seu irmán Ricardo, a súa irmá Aida foi a dama de honor e William Astor Chanler o padriño de Lydig. En 1913, vendeu a súa colección de arte, que incluía obras de Sandro Botticelli. Separáronse en 1914 e divorciáronse en 1919.
En 1921, Lydig anunciou o seu compromiso co reverendo Percy Stickney Grant (1860–1927), reitor da Igrexa da Ascensión. Os plans de voda rompéronse en 1924 cando o bispo William Manning rexeitou autorizar o matrimonio, citando como motivo que Lydig estaba divorciada e os seus dous exmaridos estaban vivos. O reverendo Grant faleceu pouco despois, legando a súa fortuna persoal a Lydig, que gastou grandes sumas de cartos en moda, arte, mobles e outros obxectos para superar a dor. Moi endebedada, viuse obrigada a vender a súa casa de Washington Square e o seu contido e declarouse en bancarrota.
Lydig faleceu de anemia perniciosa no Hotel Gotham o 27 de outubro de 1929 aos 54 anos. Foi enterrada coa súa nai e a súa irmá Mercedes no Trinity Church Cemetery do baixo Manhattan, Nova York.
Legado O seu vestiario persoal foi a base do inicio do Instituto de Vestido do Metropolitan Museum of Art.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Sotheby's Catalogue 2007 Documenting the Gilded Age: New York City Exhibitions at the Turn of the 20th Century
Categoría:Nados en Nova York Categoría:Nados en 1875 Categoría:Finados en 1929 Categoría:Modelos femininas dos Estados Unidos de América Categoría:Escritores dos Estados Unidos de América Categoría:Escritores en lingua inglesa Categoría:Estadounidenses de ascendencia cubana Categoría:Estadounidenses de ascendencia española