A continuidade ou raccord fai referencia á relación existente entre os diferentes planos dunha filmación, co fin de que non rompan no receptor ou espectador a ilusión de secuencia. Cada plano ha de ter relación co anterior e servires de base para o seguinte.

Tipos de continuidade A continuidade no espazo: Liñas virtuais, dirección das personaxes e dos seus xestos e ollares. A continuidade no vestiario e no escenario: Xa que como as películas non se gravan seguindo o guión secuencial, hai que asegurarse de que o vestiario das personaxes e a súa contorna non mudan sen razón. A continuidade na iluminación: Que no haxa cambios repentinos de tonalidade dentro dun mesmo espazo e secuencia. A continuidade de interpretación: Tamén é moi importante que os actores e actrices coiden a continuidade, non só espacial (a dirección á que se dirixen etc.) senón da súa interpretación. Deben coidar factores coma o ton de voz e a expresividade para que resulte natural en cada cambio de plano.

Categoría:Cinema