miniatura|180px| 55px 70px O Patrimonio da Humanidade da Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (UNESCO) componse de lugares de importancia para o patrimonio cultural ou natural descritos na Convención do Patrimonio Mundial da UNESCO, estabelecida en 1972. O patrimonio cultural está formado por monumentos (como obras arquitectónicas, esculturas monumentais ou inscricións), grupos de edificios e ruínas (incluíndo sitios arqueolóxicos). As paisaxes naturais (constituídas por formacións físicas e biolóxicas), as formacións xeolóxicas e fisiográficas (incluíndo os hábitats de especies de animais e plantas ameazadas) e os lugares naturais que son importantes dende o punto de vista da ciencia, a conservación ou a beleza natural, defínense como patrimonio natural. Esta é unha lista do Patrimonio da Humanidade na República Centroafricana, especificamente clasificada pola UNESCO e elaborada de acordo con dez criterios principais, cuxos puntos son xulgados por especialistas na área. A República Centroafricana, país que contén extensas reservas naturais e relevante patrimonio ecolóxico no continente africano, ratificou a convención o 22 de decembro de 1980, convertendo os seus lugares en elixíbeis para a súa inclusión na lista.

O Parque Nacional do Manovo-Gounda St. Floris foi o primeiro lugar da República Centroafricana incluído na lista do Patrimonio da Humanidade da UNESCO, incluído na 12ª Sesión do Comité do Patrimonio Mundial, realizada en Brasilia (o Brasil) en 1988. Dende a máis recente adhesión á lista, a República Centroafricana conta con 2 sitios clasificados como Patrimonio da Humanidade, sendo ámbolos dous de clasificación natural. Dende o momento da súa designación, o Parque Nacional do Manovo-Gounda St. Floris foi inmediatamente incluído na Lista do Patrimonio Mundial en Perigo, debido a actividades pecuarias ilegais dentro da área dop sitio que ameazan fortemente a fauna local e avanzan sobre a área delimitada do ben, creando eventuais problemas de seguridade.

Lista de lugares Patrimonio da Humanidade Nome: segundo aparece no Comité do Patrimonio da Humanidade Rexión: da República Centroafricana Ano da inclusión: na lista da UNESCO Datos da UNESCO: o número de referencia do sitio; o ano en que o xacemento foi inscrito na Lista do Patrimonio Mundial; os criterios nos que apareceu: os criterios de (I) a (VI) son culturais, mentres que de (VII) a (X) son naturais.

Nº Nome Imaxe Localización Ano da inclusión 01Parque Nacional do Manovo-Gounda St. Floris200px| Bamingui-Bangoran 1998 475; IX, X (natural)02 Sitio trinacional de Sangha*200px| A República CentroafricanaRepública do CongoCamerún 2012 1380; IX, X (natural)

Lista provisional Ademais dos sitios inscritos na Lista do Patrimonio Mundial, os estados membros poden manter unha lista de sitios provisional que poden considerar para a súa candidatura. As candidaturas para a Lista do Patrimonio Mundial só se aceptan se o sitio xa figuraba previamente na lista provisional. En xuño de 2025, a República Centroafricana incluíu nove bens na súa lista provisional.

+ Sitios provisionais Sitio Imaxe Localización (prefectura) Ano de inclusión Criterios da UNESCO DescriciónOs megálitos de BouarNana-Mambéré2006(cultural)A Tata (palacio fortificado) do sultán Sénoussi, as covas de Kaga-Kpoungouvou e a cidade de NdéléBamingui-Bangoran2006(cultural)Sitios paleometalúrxicos de BanguiBangui2006(cultural)Petróglifos de LengoMbomou2006(cultural)Restos do tren Zinga150pxLobaye2006(cultural)Reserva Integral Mbaéré BodinguéSangha-Mbaéré2006IX, X (natural)Fervenzas do Mbi150pxOmbella-M'Poko2006VII (natural)Outeiro, chaira, río Oubangui e a herdanza colonial de Bangui150pxLobaye2006(cultural)Bosque pigmeo e campamentos residenciais da República Centroafricana150pxLobaye2006X (mixto)

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Patrimonio da Humanidade por país