miniatura|180px| 55px 70px O Patrimonio da Humanidade da Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (UNESCO) componse de lugares de importancia para o patrimonio cultural ou natural descritos na Convención do Patrimonio Mundial da UNESCO, estabelecida en 1972. O patrimonio cultural está formado por monumentos (como obras arquitectónicas, esculturas monumentais ou inscricións), grupos de edificios e ruínas (incluíndo sitios arqueolóxicos). As paisaxes naturais (constituídas por formacións físicas e biolóxicas), as formacións xeolóxicas e fisiográficas (incluíndo os hábitats de especies de animais e plantas ameazadas) e os lugares naturais que son importantes dende o punto de vista da ciencia, a conservación ou a beleza natural, defínense como patrimonio natural. Esta é unha lista do Patrimonio da Humanidade en Papúa-Nova Guinea, especificamente clasificada pola UNESCO e elaborada de acordo con dez criterios principais, cuxos puntos son xulgados por especialistas na área. Papúa-Nova Guinea ratificou a convención o 28 de xullo de 1997, convertendo os seus lugares en elixíbeis para a súa inclusión na lista.

O sitio da antiga área agrícola de Kuk foi o primeiro lugar de Papúa-Nova Guinea incluído na lista do Patrimonio Mundial da UNESCO en ocasción da 32ª Sesión do Comité do Patrimonio Mundial, realizada en Quebec (no Canadá) en 2008. Dende entón, Papúa-Nova Guinea conta cun só sitio clasificado como Patrimonio da Humanidade, sendo este de clasificación cultural.

Lista de lugares Patrimonio da Humanidade Nome: segundo aparece no Comité do Patrimonio da Humanidade Rexión: de Papúa-Nova Guinea Ano da inclusión: na lista da UNESCO Datos da UNESCO: o número de referencia do sitio; o ano en que o xacemento foi inscrito na Lista do Patrimonio Mundial; os criterios nos que apareceu: os criterios de (I) a (VI) son culturais, mentres que de (VII) a (X) son naturais.

Nº Nome Imaxe Localización Ano da inclusión Descrición01Antiga área agrícola de Kuk200px|Enga 2008 887; III, IV, VI (cultural)O sitio agrícola temperán de Kuk é unha zona de pantano de 116 ha nas Terras Altas de Nova Guinea, a uns 1500 m sobre o nivel do mar. As escavacións arqueolóxicas atoparon evidencias de asentamentos humanos continuos durante entre 7.000 e 10.000 anos. Isto inclúe hai 6.500 anos, cando se desenvolveu a agricultura en Nova Guinea. Os achados arqueolóxicos proporcionaron evidencias de cambios nas prácticas agrícolas, incluíndo a escavación de gabias e a creación de sistemas de drenaxe, evidenciando o desenvolvemento independente da agricultura.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Patrimonio da Humanidade por país