1919 (MCMXIX) foi un ano común comezado en mércores segundo o calendario gregoriano.

Acontecementos 1 de xaneiro, Fundación do Partido Comunista alemán, por Rosa Luxemburg, Karl Liebknecht e Guillerme Pieck. 2 de xaneiro - O exército checoslovaco toma a cidade de Bratislava. 5 de xaneiro - Fúndase o Partido Alemán dos Traballadores (DAP), ao que máis tarde pertenceu Adolf Hitler e ao que este cambiará o seu nome polo de NSDAP (Partido Nacionalsocialista Alemán dos Traballadores) 6 de xaneiro - Fracasa un levantamento comunista -espartaquista- dirixido por Karl Liebknecht, Rosa Luxemburg e Georg Ledebour. 7 de xaneiro - Agrávase a situación gremial dos talleres Vasena; comenza en Buenos Aires a "Semana Tráxica". 15 de xaneiro - Rosa Luxemburg e Karl Liebknecht, dirixentes da Liga Espartaquista e da infrutuosa Revolución Alemá, son asasinados. 18 de xaneiro - Comenzan as sesións da Conferencia de Paz de París. 3 de febreiro - Forzas soviéticas ocupan Ucraína e fórmase en Kíiv un Goberno mixto. 5 de febreiro Iníciase en Barcelona a Folga da Canadiense. David W. Griffith, Charles Chaplin, Douglas Fairbanks e Mary Pickford, forman United Artists. 6 de febreiro - En Luxemburgo as mulleres obteñen o dereito de voto a partir dos 21 anos. 11 de febreiro - Logo de gañar as eleccións, Friedrich Ebert convértese no primeiro presidente da República de Weimar. 16 de febreiro: Prorrógase o tratado de armisticio entre Alemaña e os Aliados, que fixan provisionalmente a liña fronteiriza entre Alemaña e Polonia, polo que Posen (Poznan) convértese en polaca, e Prusia Occidental permanece no Reich alemán. 4 labregas foron abatidas a tiros por axentes da Garda Civil na parroquia de Sofán, cando participaban na comitiva para soterrar un neno no cemiterio vello clausurado polas autoridades. 19 de febreiro: Atentado frustrado contra Georges Clémenceau, presidente do Consello de Ministros francés, polo anarquista Louis Cottin. Aparece o Manifiesto Ultraísta na revista Grecia e diversos periódicos, firmado por Guillermo de Torre e Pedro Garfias, entre outros. 21 de febreiro: Folga xeral en Barcelona iniciada pola protesta dos traballadores da empresa La Canadiense. Kurt Eisner, primeiro ministro da República de Baviera, asasinado. 23 de febreiro - Benito Mussolini funda o Partido Fascista italiano en Italia. 1 de marzo: Os coreanos maniféstanse en favor da independencia nacional e os xaponeses, ocupantes do país, matan a 7.000 persoas e deteñen a outras 200 000 como medida de escarmento. Fundación das primeiras agrupacións de combate dos fascistas en Italia. 3 de marzo - O Goberno de Polonia pide a Alemaña a reconstitución das fronteiras polacas de 1722. 22 de marzo - Proclamación da República soviética de Hungría. 2 de abril - Deteñen ao director de Solidaridad Obrera, Ángel Pestaña. 7 de abril - En Bélxica 160 000 mulleres firman unha petición polo sufraxio universal aos 21 anos. 10 de abril - Emiliano Zapata morre nunha emboscada das forzas gobernamentais mexicanas. 28 de xuño - Firma do Tratado de Versalles 4 de xullo - O presidente peruano José Pardo y Barreda é derrocado e iníciase o que se coñece como "Oncenio de Leguía". 7 de xullo - Sae á rúa o último número d'O Tío Marcos d'a Portela, fundado en 1876. 12 de setembro - Adolf Hitler asiste como observador a un mitin do DAP. Durante a tertulia coa que finalizaba o acto, tomou a palabra para rebater os argumentos dun separatista bávaro. A súa elocuencia e argumentos chamaron a atención dos dirixentes do partido e pedíronlle que se afiliase. 5 de outubro - Fúndase o Racing Club de Ferrol por fusión de Club Ferrol e Racing Club. 17 de outubro - O rei Afonso XIII inaugura oficialmente a primeira liña do metro de Madrid. 1 de decembro - Lady Astor convértese na primeira muller en tomar posesión como deputada no Parlamento británico. 22 de decembro - O ministro de Xustiza norteamericano, Palmer, ordena a detención de comunistas e anarquistas ante o temor de que se produzan desordes.

Acontecementos de maior duración Holocausto helénico (1914-1922)

Nacementos 1 de xaneiro - J. D. Salinger, escritor estadounidense. 7 de xaneiro - Julián Gallego Serrano, historiador español. 7 de xaneiro - Alessandro Natta, político italiano (m. 2001). 17 de xaneiro - Antonio Mingote, humorista gráfico español e académico da lingua española. 19 de xaneiro - Joan Brossa, poeta e dramaturgo español. 12 de marzo - Miguel Gila, humorista español 17 de marzo - Nat King Cole, músico de jazz estadounidense. 18 de marzo - Elizabeth Anscombe, filósofa e teóloga británica. 8 de abril - Ian Smith, primeiro ministro de Rodesia. 15 de abril - Alberto Breccia, historietista arxentino de orixe uruguaia. 17 de abril - Chavela Vargas, cantante costarriqueño. 21 de abril - Rosario Sánchez Mora, miliciana republicana da Guerra Civil Española. 3 de maio - Pete Seeger, cantante de folk estadounidense. 7 de maio - Eva Perón, política arxentina. 6 de xullo - Ernst Haefliger, tenor suízo. 16 de xullo - Choi Kyu-hah, Presidente de Corea do Sur. 31 de xullo - Primo Levi, escritor italiano. 8 de agosto - Óscar Hurtado, escritor cubano, pai da ciencia ficción cubana. 9 de agosto - Emilio Vedova, pintor e gravador italiano. 21 de agosto - Mario Bunge, filósofo arxentino. 25 de agosto - George Wallace, político estadounidense. 3 de setembro - Mary Midgley, filósofa británica (m. 2018). 26 de setembro - Matilde Camus, poeta española (m. 2012). 3 de outubro - James M. Buchanan, economista estadounidense. 12 de outubro - André Casanova, compositor francés. 18 de outubro - Pierre Trudeau, primeiro ministro do Canadá. 22 de outubro - Doris Lessing, escritora, Premio Nobel de Literatura en 2007. 26 de outubro - Mohammad Reza Pahlavi, gobernante de Irán. 1 de novembro - Hermann Bondi, físico e matemático austríaco. 6 de novembro - Sophia de Mello Breyner Andresen, poeta portuguesa. 10 de novembro - Mijail Kalashnikov, militar e deseñador de armas soviético. 17 de decembro - Leopoldo Nóvoa, pintor galego (m. 2012).

Mortes 6 de xaneiro - Theodore Roosevelt, 26º presidente dos Estados Unidos. 15 de xaneiro - Karl Liebknecht e Rosa Luxemburg, dirixentes socialistas alemáns. 3 de febreiro - Edward Charles Pickering, astrónomo estadounidense. 10 de abril - Emiliano Zapata, revolucionario mexicano. 14 de maio - Henry John Heinz, empresario estadounidense. 17 de maio - José Santos Zelaya, Presidente de Nicaragua. 4 de xuño - Augusto González Besada, político español. 30 de xuño - John William Strutt, físico británico, premio Nobel de Física en 1904. 29 de xuño - Karl Brugmann, lingüista alemán (n. 1849). 1 de xullo - Vicente Fraiz Andón, mestre e pedagogo galego (n. 1859) 15 de xullo - Hermann Emil Fischer, químico alemán, premio Nobel de Química en 1902. 29 de xullo - José Gregorio Hernández, médico e científico venezolano. 9 de agosto - Ruggiero Leoncavallo, compositor italiano. 11 de agosto - Andrew Carnegie, industrial e filántropo escocés-estadounidense. 24 de agosto - Amado Nervo, escritor mexicano. 2 de outubro - Victorino de la Plaza, presidente da Arxentina (1914-1916). 6 de outubro - Ricardo Palma, escritor peruano. 13 de outubro - Karl Adolph Gjellerup, dramaturgo e novelista danés, premio Nobel de Literatura en 1917. 2 de novembro - Abraham Valdelomar, periodista e escritor peruano. 15 de novembro - Alfred Werner, químico suízo, premio Nobel de Química en 1913. 22 de novembro - Francisco Pascasio Moreno, científico, naturalista e explorador arxentino. 5 de decembro - Xosé Fontenla Leal, intelectual galeguista. 3 de decembro - Pierre-Auguste Renoir, pintor francés.

Premios Nobel Física: Johannes Stark Química: Non concedido Fisioloxía ou Medicina: Jules Bordet Literatura: Carl Spitteler Paz: Woodrow Wilson

Outros

Historia ano a ano

Categoría:1919