Emilio Durán Ojea, nado en Ribas de Sil cara a 1899, foi un carpinteiro e político socialista galego.
Traxectoria Vogal e vicepresidente da Agrupación Socialista Agraria de San Clodio, que a partir de marzo de 1933 pasou a denominarse Agrupación Socialista Obrera de Oficios Varios Fraternidad y Trabajo, da que foi presidente. Coa folga xeral revolucionaria de 1934 foi detido o 6 de outubro, permanecendo do cárcere de Monforte de Lemos ata o 10 de decembro.Expediente procesual de Emilio Durán Ojea Foi delegado da Casa del Pueblo de San Clodio con Marcelino Fernández Prada no Congreso da Federación Provincial de Colectividades Socialistas en abril de 1936,La Voz de Galicia, 24-4-1936, p. 9. e participou e en mitins socialistas como o de Vilar de Lor en maio de 1936.El Pueblo Gallego, 23-5-1936, p. 14.
Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu e estivo agochado na casa da súa sogra en San Román ata que se presentou ás autoridades franquista en febreiro de 1940. Ingresou na prisión de Lugo o 13 de abril de 1940 para dilixencias previas, que foron arquivadas e saíu en liberdade o 10 de agosto.Expediente procesual de Emilio Durán Ojea Foi expedientado por responsabilidades políticas.BOP Lugo, 7-2-1942, p. 4. Vida persoal
Casou con Ángela Casar González e foi pai de cinco fillos. Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas Expediente de responsabilidade política nº 84/1940 de Emilio Durán Ojea
Ficha en Represión franquista en Lugo
Categoría:Políticos do PSOE Categoría:Represaliados polo franquismo
Categoría:Nados en Ribas de Sil Categoría:Nados en 1899 Categoría:Carpinteiros