dereita|miniatura|365x365px| Localización de Athabasca Oil Sands na provincia de Alberta. As areas bituminosas de Athabasca son un inmenso depósito de areas e arxilas impregnadas de betún, unha forma semisólida de cru máis pesado e de menor valor comercial.

Situación Situado no nordeste da provincia de Alberta, principalmente na rexión de Fort McMurray, é o segundo xacemento de areais bituminosas máis grande do mundo, só superado polo cinto petrolífero do Orinoco en Venezuela. O nome do depósito fai referencia ao río Athabasca, que atravesa a rexión. O betún alí atopado xa era empregado polos pobos autóctonos cree e dené para impermeabilizar as súas canoas.

Xeoloxía O volume calculado de petróleo contido nestas areas, extraídas por grandes escavadoras, é da orde de 1,7 billóns de barrís (270 mil millóns de metros cúbicos). A presenza de hidrocarburos na zona explícase pola migración a través de profundas fallas xeolóxicas que chegan ao interior da terra (manto ). Os hidrocarburos aloxáronse en depósitos areosos situados a poucas profundidades (ou incluso semi-expostos), onde se producían unha intensa reelaboración por bacterias, nun ambiente máis oxidante, que facía que o aceite orixinal fose máis pesado e concentrado en metais como níquel, vanadio, cobalto, cromo, arsénico, cadmio, etc.

Explotación A explotación comercial das areas petrolíferas no lugar comezou en 1967, cando a compañía Great Canadian Oil Sands (filial canadense da Sun Oil Company, con sede nos Estados Unidos, agora independente e rebautizada como Suncor Energy ) construíu a súa primeira mina.

Compañías petroleiras no sitio Suncor Syncrude Shell Canada MEG Energy CNRL Imperial Oil SinoCanada Petroleum Corp., filial da Sinopec

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Alberta’s Oil Sands: Key Issues and Impacts OnEarth Magazine » Canada's Highway to Hell Mud, Sweat and Tears—The Guardian, 2007

Categoría:Petróleo Categoría:Alberta