Mónica Patricia Chuji Gualinga, nada na comunidade Sarayaku, provincia de Pastaza o 30 de outubro de 1973, é unha dirixente indíxena ecuatoriana, defensora dos dereitos humanos. Actualmente é candidata á Asemblea Nacional polo movemento Podemos.
Traxectoria Filla de pai shuar e nai kichwa, Chuji é licenciada en comunicación social pola Universidade Politécnica Salesiana en 2000. Despois, seguiu a súa carreira de estudo de posgrao en Dereitos Humanos e Ciencias Ambientais pola Universidade de Deusto en España en 2002, e estudos de Mestría en Estudos Socio ambientais na Facultade Latinoamericana de Ciencias Sociais (FLACSO) de Ecuador no ano 2006. É unha das dirixentes indíxenas máis coñecida en Ecuador, respecto diso da participación das mulleres indíxenas na vida política e pública do país, ela cre, "que vai en aumento aínda que é escasa".
Foi Secretaria Xeral de Comunicación no período de presidencia de Rafael Correa, dende xaneiro até xuño de 2007. Tamén foi asembleísta constituínte na elaboración da Constitución de Ecuador do 2008, presidenta da Mesa 5 da Asemblea Constituínte sobre Recursos Naturais e Biodiversidade, entre novembro de 2007 até xullo de 2008. Foi consultora de organismos internacionais, dirixente de bases e asesora de diversas organizacións do movemento indíxena (FONAKISE, COIC, CONAIE, CODENPE e CONFENIAE). Membro da comunidade Sarayaku de Sucumbíos da Federación de Organizacións da Nacionalidade Kichwa de Sucumbíos.
Como intelectual, escribiu varios libros e artigos relacionados con idiomas ancestrais, seguridade social, plurinacionalidade e interculturalidade, actividade mineira, estado e democracia plurinacional, educación intercultural bilingüe, dereitos colectivos, medios de comunicación das nacionalidades e pobos.
Notas
Categoría:Nados en 1973 Categoría:Políticos de Ecuador Categoría:Pobo shuar Categoría:Ecuatorianos de ascendencia quechua Categoría:Activistas de Ecuador Categoría:Mulleres líderes indíxenas