Rebuild of Evangelion, tamén coñecido no Xapón e en Amazon Prime Video como , é unha serie de filmes de animación que contan de novo a historia da serie de televisión anime Neon Genesis Evangelion, producida por Studio Khara. Hideaki Anno actuou como escritor e director xeral do proxecto, con Kazuya Tsurumaki e Masayuki como directores dos filmes. Yoshiyuki Sadamoto, Ikuto Yamashita e Shirō Sagisu volveron achegar os deseños de personaxes, deseños mecánicos e música, respectivamente.
É unha tetraloxía que emprega animación dixital, algo de animación 3D CG, e ofrece novas escenas, escenarios e personaxes, cunha conclusión completamente nova na cuarta e última película. Outra intención declarada da serie é que sexa máis accesible para os non seareiros do que o foron as series de televisión e os filmes orixinais.
Títulos Episodio Data de estrea Duración Recadación Xapón América do Norte1 de setembro de 200717 de novembro de 200998 minutos 101 minutos 20 121 073 $27 de xuño de 200929 de marzo de 2011108 minutos 112 minutos 44 339 362 $17 de novembro de 20122 de febreiro de 201696 minutos67 282 623 $8 de marzo de 202113 de agosto de 2021 155 minutos96 282 000 $ Total minutos minutos 228 025 058 $
Notas
Categoría:Neon Genesis Evangelion