Hassan Khalid Hassan Al-Haidos (en ), nado en Doha o 11 de decembro de 1990, é un futbolista qatarí, que xoga de dianteiro. É o futbolista con máis partidos na historia tanto do Al Sadd (531) como da selección de Qatar (186). Formado na canteira do propio Al Sadd, militou durante toda a súa carreira en dito club, do que é ademais o capitán e o segundo máximo goleador histórico (con 137 tantos), e co que gañou numerosos títulos dende o seu debut aos 17 anos, incluída unha Liga de Campións da AFC. Internacional absoluto dende 2008 é tamén o capitán da selección, coa que gañou varios torneos, entre eles unha Copa Asiática.

Traxectoria miniatura| Al-Haydos xogando no Al Sadd nun partido da liga qatarí en 2012. Comezou a xogar ao fútbol no Al Sadd aos oito anos, avanzando polas categorías inferiores ata que chegou ao primeiro equipo aos 17 anos. Tivo apoio e orientación desde o principio do histórico centrocampista do club, Jafal Rashed Al-Kuwari.

Na tempada do seu debut gañou a súa primeira liga qatarí, á que sumou outras catro nos seguintes anos, así como varios títulos máis noutras competicións. En 2011 disputou a final da Liga de Campións da AFC contra o Jeonbuk e foi o encargado de realizar o segundo lanzamento na quenda de penaltis, anotando e contribuíndo así á consecución do título para o seu equipo. Con esta vitoria o equipo logrou a clasificación para a Copa Mundial de Clubs da FIFA como representante de Asia e no partido polo terceiro posto contra o Kashiwa Reysol Al-Haidos marcou de novo o seu lanzamento na quenda de penaltis, gañando por 5-3 despois de que o partido rematase sen goles no tempo regulamentario.

Foi votado como o "Xogador Qatarí do Ano" en 2014 nunha enquisa realizada pola revista Doha Stadium, recibindo 58 de 104 votos dun xurado de analistas, adestradores e administradores.

Selección nacional En 2007 debutou coa selección olímpica de Qatar, saíndo dende o banco e marcando un gol contra o Xapón na fase de clasificación para os Xogos Olímpicos de 2008. Participou noutros dous partidos da competición, marcando outro gol. Tamén xogou un papel importante na fase de clasificación para os Xogos Olímpicos de 2012, aínda que finalmente non conseguiu o pase ao torneo olímpico.

Fixo o seu debut coa selección absoluta de Qatar nun partido de clasificación para o Mundial de 2010 contra Bahrain o 10 de setembro de 2008. Convertido nun fixo dende entón no equipo nacional, disputou 163 partidos e marcou 33 goles, o que o converte no futbolista con máis partidos da historia da selección e no seu quinto máximo goleador.

Disputou tres Copas Asiáticas, nos anos 2011, 2015 e 2019, e na última delas capitaneou o equipo qatarí ata o seu único título na competición, derrotando na final ao Xapón. Participou ademais nos Xogos Asiáticos de 2010, na Copa América de 2019 e na Copa de Ouro da CONCACAF 2021, na que perdeu nas semifinais ante os Estados Unidos.

Qatar

Palmarés

Al Sadd

Liga de Qatar (8): 2006/07, 2012/13, 2018/19, 2020/21, 2021/22, 2023/24, 2024/25, 2025/26. Copa do Emir de Qatar (7): 2007, 2014, 2015, 2017, 2020, 2021, 2024. Copa de Qatar (6): 2007, 2008, 2017, 2020, 2021, 2025. Copa do Xeque Jassim (4): 2007, 2014, 2017, 2019. Copa das Estrelas de Qatar (2): 2010, 2019/20. Liga de Campións da AFC (1): 2011.

Selección de Qatar Copa Asiática (1): 2019, 2023. Copa de Nacións do Golfo (1): 2014.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Datos do xogador no sitio web do Al Sadd . Datos do xogador no sitio web da Liga Qatarí . Arquivado dende o orixinal o 3 de abril de 2012.

Categoría:Nados en 1990 Categoría:Nados en Doha Categoría:Futbolistas de Qatar Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Xogadores do Al-Sadd Sports Club Categoría:Xogadores da selección de fútbol de Qatar Categoría:Xogadores do Mundial de Fútbol de 2022 Categoría:Xogadores do Mundial de Fútbol de 2026