Arturo Vázquez Vázquez, nado en Palas de Rei o 2 de marzo de 1901 e finado en Xixón o 15 de febreiro de 1938, foi un mineiro, sindicalista e militar galego.
Traxectoria Morreulle o pai cando tiña 12 anos e dous anos despois a súa nai. Marchou ás concas mineiras asturianas en busca de traballo e instalouse en Mieres. Dirixente da UGT de Mieres, foi presidente do Comité rexional do Sindicato Mineiro da UGT. Participou na revolución de Asturias, sendo considerado como lugartenente de Ramón González Peña. Estivo reclamado por alixo de armas e polo asalto ao Banco de España. Fuxiu a Francia e Bélxica, onde permaneceu ata a amnistía da Fronte Popular de febreiro de 1936.BOP Oviedo, 16-2-1935, p. 4. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 organizou o Batallón Asturias nº 216 do que foi nomeado comandante. Ascendido a tenente coronel, foi nomeado xefe da 2ª División, e da División D. Coa caída de Asturias foi detido cando trataba de fuxir nun vapor. Xulgado en consello de guerra e Xixón o 15 de xaneiro de 1938, foi condenado a pena de morte. Foi fusilado en Xixón o 15 de febreiro. Abríronlle expediente de responsabilidades políticas en 1938.BOP Oviedo, 14-1-1938, p. 2.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Arturo Vázquez, Comandante do Terceiro Corpo do Exército do Norte (2ª División)
Categoría:Sindicalistas da UGT Categoría:Militares de Galicia Categoría:Asasinados polo bando nacional Categoría:Nados en Palas de Rei
Categoría:Nados en 1901 Categoría:Finados en 1938