Frank "Poncho" Sampedro, nado en Welch, Virxinia Occidental, o 25 de febreiro de 1949, é un músico estadounidense de orixe galega, recoñecido polo seu traballo como guitarrista da banda de rock Crazy Horse, principal grupo de respaldo de Neil Young.

Traxectoria Fillo dun inmigrante galego de Ribeira, naceu o 25 de febreiro de 1949 en Virxinia Occidental e creceu en Detroit. Uns anos despois, trasladouse a California en canto tivo idade suficiente para conducir.

Despois de tocar con varias bandas, e grazas á súa amizade con Billy Talbot, pasou a formar parte do grupo Crazy Horse, substituíndo a Danny Whitten, que morreu en novembro de 1972 por mor dunha sobredose. O primeiro traballo de Sampedro con Neil Young foi en Zuma, marcando un estilo musical máis próximo ao hard rock e máis presente en traballos posteriores como Rust Never Sleeps e Ragged Glory.

Ademais do seu traballo con Crazy Horse, Sampedro traballou con Young en proxectos en solitario ou con outras bandas como This Note's for You e Freedom, marcando unha ruptura con Talbot e Ralph Molina que provocou a ausencia do músico na gravación de Left for Dead. Tampouco participou na gravación de Greendale en 2003, aínda que se uniu á xira posterior como guitarrista.

Traballou ademais durante 18 anos como asistente da banda do programa The Tonight Show de Jay Leno. Sampedro reside actualmente en Hawai.

En agosto de 2012, durante o Alchemy Tour, a primeira de Neil Young con Crazy Horse en oito anos, Sampedro sufriu unha fractura no pulso, o que obrigou a Young a cancelar varios concertos en Europa e América do Norte.

Instrumentos Sampedro utiliza habitualmente unha Gibson Les Paul e unha Gibson ES-335.

Discografía

Con Crazy Horse

Crazy Moon (1978) Gone Dead Train: The Best of Crazy Horse 1971-1989 (2005) Scratchy: The Complete Reprise Recordings (2005)

Con Neil Young & Crazy Horse

Zuma (1975) Rust Never Sleeps (1979) Live Rust (1979) Re-ac-tor (1981) Life (1987) Ragged Glory (1990) Weld (1991) Arc (1991) Sleeps with Angels (1994) Broken Arrow (1996) Year of the Horse (1997) Americana (2012) Psychedelic Pill (2012)

Con Neil Young

American Stars 'N Bars (1977) Comes a Time (1977) Trans (1982) This Note's for You (1988) Freedom (1989) Are You Passionate? (2002) Chrome Dreams II (2007)

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Frank "Poncho" Sampedro en IMDb 

Categoría:Nados en 1949 Categoría:Nados en Virxinia Occidental Categoría:Nados na diáspora galega Categoría:Estadounidenses de ascendencia galega Categoría:Guitarristas dos Estados Unidos de América