Fermín Maneiro Becerra, nado en Lousame cara a 1901 e finado en Xixón o 17 de maio de 1938, foi un mineiro e sindicalista galego.
Traxectoria Dirixente do Sindicato de Mineiros das Minas de San Fins da CNT. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi un dos integrantes do grupo que marchou á Coruña para opoñerse ao triunfo do golpe. Retornou a Lousame ao ser rexeitados polo exército. Fuxiu dende Muros na evasión dos bous Santa Eulalia e Santa Rosa."Los evadidos por el puerto de Muros", La Voz de Galicia, 22-5-1937, p. 2."Emplazamiento judicial de unos evadidos", La Voz de Galicia, 4-7-1937, p. 4. Combateu no exército republicano na fronte de Asturias. Capturado cando intentaba fuxir no vapor Mont Seny, foi xulgado en Xixón e condenado á pena de morte.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Gallegos fusilados en Gijón.
Categoría:Sindicalistas da CRG Categoría:Asasinados polo bando nacional Categoría:Nados en Lousame Categoría:Nados en 1901 Categoría:Finados en 1938 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes