Wiltshire ( Wilts ) é unha autoridade unitaria e un dos corenta e sete condados de Inglaterra, Reino Unido, con capital en Trowbridge. Situado na rexión do suroeste limita ao norte con Gloucestershire, ao leste con Oxfordshire e Berkshire, ao sueste con Hampshire, ao sur con Dorset e ao oeste con Somerset.

Wiltshire está situado nunha rexión montañosa (como as de Marlborough), ocupando unha superficie de 3.476 km².

A súa economía baséase na agricultura e na gandería. Tamén conta cunha industria de alfombras e téxtiles. Neste concello atópanse os famosos restos arqueolóxicos de Stonehenge, un monumento neolítico, e os de Avebury.

Historia esquerda|miniatura|Stonehenge esquerda|miniatura| Concello de Trowbridge, cidade do condado miniatura| Catedral de Salisbury miniatura| Abadía de Lacock

Prehistoria Wiltshire é coñecida polos restos arqueolóxicos da época prerromana. As tribos celtas que ocuparon a rexión durante o Mesolítico, o Neolítico e a Idade do Bronce construíron colonias nos outeiros. Desta época son os monumentos de Stonehenge e Avebury, os máis famosos de Inglaterra.

Idade Media Nos séculos VI e VII, Wiltshire estaba no extremo occidental da Britania saxoa. No ano 878, os daneses (viquingos) invadiron o condado e, tras a conquista normanda, amplas zonas do condado pasaron a mans da coroa e da Igrexa.

Cidades Trowbridge é a capital do condado. Outras cidades destacadas son Calne, Calstone Wellington, Chippenham, Devizes, Marlborough, Salisbury, Swindon, Warminster e Westbury.

Monumentos e lugares de interese

Restos neolíticos de Avebury e Stonehenge, Patrimonio da Humanidade. Catedral de Salisbury Abadía de Lacock Wilton House

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Wiltshire Council Páxina oficial Merlin local information (Wiltshire council) Wiltshire Community History (Wiltshire council) Wiltshire Tourist Office Páxina oficial da Oficina de Turismo Imaxes de Wiltshire no English Heritage Archive