César Sánchez Sánchez, nado en Sobrado (Melias, Coles) cara a 1912 e finado en Xixón o 28 de maio de 1938, foi un militar e político galego.

Traxectoria

Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 estivo fuxido no monte. Capitaneou un grupo armado do Barco de Valdeorras. Cando a Garda Civil controlou o concello, fuxiu a Asturias. Alistouse voluntario nun batallón de Transmisións. Coa caída de Asturias foi detido. Xulgado en Xixón foi condenado a pena de morte. Foi fusilado en Xixón o 28 de maio de 1938. Notas

Categoría:Guerrilleiros antifranquistas de Galicia Categoría:Asasinados polo bando nacional Categoría:Nados en Coles Categoría:Nados en 1912 Categoría:Finados en 1938