Oscarito, nome artístico de Oscar Lorenzo Jacinto de la Inmaculada Concepción Teresa Díaz, nado o 16 de agosto de 1906 en Málaga e finado o 4 de agosto de 1970, foi un actor andaluz naturalizado brasileiro. Está considerado un dos cómicos máis populares do Brasil, famoso polo dúo que fixo con Grande Otelo, en comedias dirixidas por Carlos Manga e Watson Macedo.
Traxectoria esquerda|miniatura|285x285px| Genésio Arruda e Oscarito en 1934
Primeiros anos Naceu nunha familia de circo, chegando ao Brasil con un ano, pero só se naturalizou en 1949.
Debutou no circo aos cinco anos, e alí aprendeu a tocar o violín, sendo tamén pallaso, trapecista, acróbata e actor.
Éxito Debutou no teatro de revista en 1932, na obra Calma, Gegê, que satirizaba ao ditador Getúlio Vargas, do que despois se faría amigo. No cine estreouse en Noites Cariocas, de 1935, aínda que apareceu nunha película anterior, e foi nesta arte na que gañou unha enorme popularidade no país. Colaborou con Grande Otelo en varias películas de chanchada.
O seu nome, no Brasil, era paralelo aos máis grandes humoristas do cine, como Charles Chaplin ou Cantinflas.
Vida persoal
Estaba casado con Margot Louro, coa que tivo dous fillos.
Pasamento Na mañá do 15 de xullo de 1970, sentíase mal debido a un ictus e foi hospitalizado, xa en coma, falecendo o 4 de agosto. O seu corpo foi velado no salón principal da Asemblea Lexislativa do Estado de Guanabara, coa presenza de máis de dúas mil persoas. O enterro levou unhas cincocentas persoas ao cemiterio de São João Batista.
Obras miniatura| En 1960. miniatura| En 1932. AnoTítuloPapel1968Jovens Para Frente1967A Espiã que Entrou em Fria1965Crônica da Cidade Amada1962Os Apavorados1961Entre Mulheres e EspiõesHenrico1960Os Dois LadrõesJonjoca1960Duas Histórias1959O CupimTristão dos Prazeres1959Pintando o SetePalhaço Catito1959O Homem do SputnikAnastácio1959Esse Milhão é MeuFelismino Tinoco1957De Vento em Popa1957Treze CadeirasBonifácio1956Vamos com CalmaBuscapé1956Colégio de BrotosAgapito1956Papai Fanfarrão1955O Golpe1955Guerra ao Samba1954Matar ou CorrerXerife Kid Bolha1954Nem Sansão nem DalilaHorácio / Sansão1953A Dupla do Barulho1952Três Vagabundos1952Carnaval AtlântidaProfessor Xenofontes1952Barnabé, tu és meu1951Aí Vem o BarãoCarlos Ferderico1950Aviso aos NavegantesFrederico 1949Carnaval no FogoSerafim1949Caçula do Barulho1948É com Este que Eu Vou1948Falta Alguém no Manicômio1948E o Mundo se Diverte1948Asas do Brasil1947Este Mundo é um Pandeiro1946Fantasma por AcasoZézinho ("José Sobrinho Filho") / Daniel Matos1945Não Adianta Chorar1944Gente Honesta1944Tristezas não Pagam DívidasCarlinhos1942Os Malandrões1941O Dia é Nosso1941Vinte e Quatro Horas de Sonho1941Céu AzulVitorino Vitório1938Banana da Terra1938Está Tudo Aí!1937Bombonzinho1936Alô, Alô Carnaval1935Noites Cariocas1933A Voz do Carnaval
Notas Véxase tamén
Ligazóns externas
Oscarito IMDB Oscar no cinema brasileiro Enciclopedia latinoamericana Oscarito
Categoría:Nados en Málaga Categoría:Finados por accidente cerebrovascular Categoría:Humoristas do Brasil Categoría:Brasileiros de ascendencia española Categoría:Actores do Brasil Categoría:Finados en 1970 Categoría:Nados en 1906