miniatura|Placa conmmemorativa da Universidade A Universidade de San Carlos é unha universidade fundada a finais do século XVI con sede en Manila, Filipinas.

Historia Foi fundada como Colexio de San Ildefonso polos xesuítas Antonio Sedeno, Pedro Chirino e Antonio Pereira en Cebú, Filipinas, o 1 de agosto de 1595.

Debido a discrepancias de cando considerar a data de fundación (construción, permiso real, nomeamento ou data dos primeiros estudos impartidos), a Universidade de San Carlos dispútase xunto á Universidade de Santo Tomás, fundada o 28 de abril de 1611 en Manila, polo título da universidade máis antiga existente en Asia.

Siglas O nome da Universidade de San Carlos é abreviado como USC, o mesmo que a Universidade de Santiago de Compostela (fundada en 1495), a Universidade do Sur de California, University of South Carolina nos Ánxeles (fundada en 1880), a Universidade de Carolina do Sur, University of South Carolina, Columbia (fundada en 1801 como South Carolina College), a Universidade do Sur do Caribe University of Southern Caribbean en Trinidad e Tobago (fundada en 1927) e a Universidade Santiago de Cali, Universidad Santiago de Cali en Cali, Colombia (fundada en 1958).

Programas académicos Os seguintes programas académicos e curriculares son ofrecidos polas diferentes escolas da universidade:

Educación básica:

Preescolar/Montessori Escola primaria (graos 1-6) Escuela secundaria (7º a 10º curso)

Ensino secundario

Senior High School (cursos 11º-12º)

Educación Superior

Facultade de Arquitectura, Belas Artes e Deseño Facultade de Artes e Ciencias Facultade de Economía e Empresa Facultade de Educación Facultade de Enxeñaría Facultade de Profesións Sanitarias Facultade de Dereito e Gobernanza

A USC alberga estudos de Posgrao que ofrece programas na Facultade de Arquitectura, Belas Artes e Deseño, Facultade de Artes e Ciencias, Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais, Facultade de Educación, Escola de Enxeñaría, Escola de Profesións Sanitarias e Facultade de Dereito e Gobernanza.

Notas

Véxase tamén

Universidade Filipinas

San Carlos