O Club Baloncesto Águilas de Bilbao foi un club de baloncesto español con sede na cidade de Bilbao, País Vasco. Fundado no ano 1950, xogou catorce temporadas na Primeira División antes de desaparecer en 1981. O Águilas foi o sexto equipo con máis partidos disputados na máxima categoría, antes da fundación da Liga ACB, con 294.
Historia O Club Águilas de Bilbao foi fundado en 1950 por un grupo de afeccionados ao baloncesto dirixidos por Vicente Gallego. Entre os mozos que lle seguiron estaba Paco Díez, que foi xogador, adestrador, delegado e director xeral, ademais de membro da Federación Española de Baloncesto, sendo un personaxe destacado na posterior evolución do baloncesto en Biscaia.
O Águilas comezou a súa andaina en competicións rexionais, até que na tempada 1958−59 debuta en Primeira División. Porén, após terminaren últimos, descenderon á Segunda División. Non tardou, con todo, en volver ascender, ao logralo xusto a tempada seguinte. Entón acumularía oito temporadas consecutivas na máxima categoría, logrando como mellor clasificación un quinto posto na tempada 1962−63. Neses anos, Antonio Díaz-Miguel, que fora xogador e posteriormente sería seleccionador español fíxose cargo do equipo durante dúas temporadas.
Tras o descenso en 1968, o Águilas converteríase nas seguintes tempadas nun equipo ascensor, con tres ascensos e tres descensos no sete seguintes campañas, sendo a temporada 1975−76 a última que disputaría na máxima categoría. Após xogar dous anos en Segunda División e outros tres en Terceira, desaparecería definitivamente en 1981.
Xogadores Destacados Antonio Díaz-Miguel Manu Moreno Emiliano Rodríguez Santiago Zabaleta Miles Aiken
Adestradores A seguinte é unha lista dos adestradores do Águilas.
Vicente Gallego (1950−1955) Paco Díez (1955−1959) Antón Larrauri (1959−1960) Paco Díez (1960−1961) Agustín Ibarra (1961−1962) Antón Larrauri (1963−1964) Antonio Díaz-Miguel (1964−1966) José Luis Ereña (1966−1967) Antón Larrauri (1967−1969) Josean Gaska (1969−1970) Franz Nolan (1970−1971) Antón Larrauri (1971−1972) Javier Añua (1972−1973) Antón Larrauri (1973−1975) Jesús Sanz (1975−1976) Javier Perera (1976−1978) Joaquín Salazar (1978−1979) Jesús Sanz (1979−1981)
Historial AnoNivelLigaCopa1958−59 11ª División 11º 3−19 1959−60 22ª División 1º 1960−61 11ª División 6º 13-9 1961−62 11ª División 6º 9-9 Cuartos de final1962−63 11ª División 3−7 1963−64 11ª División 6º 7−15 1964−65 11ª División 7º 4−10 1965−66 11ª División 7º 7−11 Cuartos de final1966−67 11ª División 9º 7−13 Oitavos de final1967−68 11ª División 11º 3−17 Oitavos de final1968−69 22ª División 2º Oitavos de final1969−70 11ª División 9º 8−14 1970−71 11ª División 12º 4−18 1971−72 22ª División 3º 1972−73 11ª División 16º 7−23 Cuartos de final1973−74 22ª División 3º 1974−75 11ª División 10º 7−1−141975−76 11ª División 12º 9−23 1976−77 22ª División 3º 1977−78 22ª División 13º
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web sobre o Club Águilas de Bilbao
Aguilas de Bilbao Club Categoría:Deporte en Bilbao