Dieter Raab, nado en Steinhöring o 11 de decembro de 1938 e finado o 20 de decembro de 2015, foi un numismático alemán.
Traxectoria Dieter Raab naceu en Steinhöring, preto de Múnic, o 11 de decembro de 1938, aínda que se criou en Stuttgart, onde o seu pai era propietario dun club de jazz. Xa na súa infancia, despertouse a súa afección polo coleccionismo de moedas.Albert, R. (2014). "Personalia: Dieter Raab zum 75. Geburtstag". En Numismatisches Nachrichtenblatt. 2/2014."Raab, Dieter". En Coins Weekly. 23 de decembro de 2015.Kampmann, U. (2015)."21.12.2015 - Death of Dieter RAAB – Décès de Dieter RAAB (20.12.2015) ". International Association of Proffesional Numismatists (IAPN-AINP).
Durante os seus estudos de Administración de Empresas fixo algún traballo estival na compañía de comercio numismático Münzen und Medaillen AG en Basilea, e posteriormente logrou un posto na empresa como axudante de Erich B. Cahn.
En asociación con Peter Shulten, en 1967 fíxose cargo da casa de poxas numismáticas Dr. Busso Peus & Co., en Frankfurt, que mantivo o seu nome dado o seu prestixio. En 1973 Shulten pasou a ser o seu propietario único e en 2007 transferiulle a xestión da empresa ao seu fillo Cristoph Raab."50 years of Dr. Busso Peus Nachf. - 10 years with Christoph Raab as manager". En Coins Weekly. 23 de agosto de 2017.
No ámbito asociativo e institucional, Raab foi representante do comercio numismático na Comisión Numismática dos Estados da República Federal de Alemaña desde 1972 ata 2006.Kluge, B. (2015). "Dieter Raab (1938-2015)". Numismatische Kommission der Länder. 21 de decembro. Tamén forma parte da Sociedade Numismática Alemá, da Asociación de Comerciantes de Moedas de Alemaña e da Asociación Internacional de Numismáticos Profesionais.
Dieter Raab finou o 20 de abril de 2015 aos 77 anos.
Recoñecementos
(2014): Premio Otto Paul Wenger, da Asociación de Numismáticos Profesionais Suízos."Otto Paul Wenger-Preis". Numis Post (www.numis-online-ch)."Dieter Raab mit Otto Paul Enger Preis geehrt". En Münzen Woche. 10 de xullo de 2014.
Publicacións
"Raab, Dieter". En Coins Weekly. 23 de decembro de 2015. Kampmann, U. (2014). "Dieter Raab's 75th birthday". En Coins Weekly. 9 de xaneiro de 2014. Kampmann, U. (2015)."Dieter Raab (1938-2015)". En Coins Weekly. 22 de decembro.
Notas
Categoría:Nados en 1938 Categoría:Finados en 2015 Categoría:Numismáticos de Alemaña Categoría:Galardoados co premio Otto Paul Wenger Categoría:Personalidades sen imaxes